Financiamento

Capital Social

Constitúeno as achegas, en diñeiro ou non, realizada no momento da constitución, ou noutro, polos propietarios, ou por outras persoas que actúan como tales. Constitúe a fonte de financiamento máis importante dunha empresa. As achegas de capital poden ser en diñeiro, en bens mobles e en bens inmobles.

O Capital Risco

O capital risco é ofrecido por sociedades de capital risco que empregan os seus recursos en empresas con alto potencial de crecemento.
As sociedades de capital risco están reguladas polo lei 1/1999, de 5 de xaneiro, reguladora das Entidades de Capital-Risco e das súas sociedades xestoras.

Business Angels

Os Bussiness Angels son persoas cun amplos coñecementos empresariais, e con capacidade de investimento que impulsan o desenvolvemento de proxectos cun alto potencial de crecemento, achegando capital e experiencia, e involucrándose na xestión da empresa.
Existen redes de Business Angels para aglutinar a estes e poñelos en contacto coas persoas emprendedores.

Préstamos

O préstamo é un instrumento financeiro polo cal unha entidade financeira pon a disposición dunha persoa física ou xurídica unha cantidade de diñeiro, a cambio do compromiso desta de devolver esa cantidade xunto cos intereses correspondentes, en pagos periódicos. Poden ser a curto ou a longo prazo e poden ter como garantía un ben, moble ou inmoble ou unha garantía persoal.

Crédito Bancario

Un crédito e un instrumento financeiro polo cal unha entidade financeira pon a disposición dunha persoa física ou xurídica un capital do que esta vai dispoñendo en función das súas necesidades financeiras. O cliente só paga intereses pola cantidade disposta e una pequena comisión pola cantidade dispoñible pero non disposta.

Leasing ou arrendamento financeiro

E un contrato polo cal o arrendador cede o uso dun ben ao arrendatario, por un período de tempo determinado a cambio dunhas cotas periódicas, tendo o arrendatario a opción de compra do ben ó finalizar o período de arrendamento. Utilizase para a cesión tanto de ben mobles como inmobles.
Existe un tipo de Leasing especial denominado LEASE-BACK, no que unha empresa vende un ben a unha entidade de arrendamento financeiro para facer a continuación un contrato de arrendamento financeiro sobre ese mesmo ben. Utilizase para conseguir liquidez a través da venda do ben.

Factoring

O Factoring é unha forma de financiamento que consiste na cesión de facturas sen cobrar. A empresa cede esas facturas a unha entidade de Factoring que será encargado do cobro das mesmas, a cambio dunha comisión por esta xestión e dos xuros polo anticipo do valor das mesmas á empresa.

Confirming

O Confirming é un servizo que consiste en xestionar os pagamentos dunha empresa aos seus provedores ofrecéndolles a posibilidade de cobrar as súas facturas con anterioridade á data de vencemento.

Forfaiting

O Forfaiting é unha modalidade de financiación de exportacións que consiste no desconto sin recurso por parte dunha entidade financeira dos dereitos de cobro de efectos comerciais xerados no comercio internacional a cargo do importador, xeralmente pagarés ou letras de cambio, asumindo o risco total de impago..

Crowdfunding (Micromecenazgo)
É un sistema de financiación colectiva no que un grupo de persoas realizan unha rede para conseguir diñeiro ou outros recursos. Frecuentemente utilizase internet para financiar iniciativas doutras persoas.. Existen varios tipos de Crowdfunding segundo o tipo de contraprestación recibida pola financiación: recompensa e donación, préstamo e inversión. Os de préstamo e inversión son frecuentemente utilizados para financiar iniciativas empresariales.