A Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos constituíuse o 14 de xuño de 2017 froito da boa relación entre a Universidade da Coruña e Navantia. Os obxectivos principais desta colaboración son promover a formación práctica do alumnado da UDC no ámbito naval e industrial, outorgar premios ao alumnado que teña destacado en actividades concretas, promover prácticas na empresa que poidan estar asociadas a unha bolsa para a realización de Traballos Fin de Grao e Mestrado, teses de doutoramento, outros proxectos específicos e desenvolvemento de xornadas, todo no marco do concepto Industria 4.0 aplicado ao estaleiro do futuro.
A Cátedra ocupa un espazo cedido pola Escola Politécnica de Enxeñaría. Este local conta cunha zona de traballo e outra para reunións, o que posibilita un ambiente propicio á interacción e á innovación.
Máis información aquí.
Directores
O 14 de novembro de 2019 a Universidade da Coruña e o Grupo RODONITA asinaron un convenio de colaboración que crea e regula o funcionamento da Cátedra Epifanio Campo. Esta Cátedra está adscrita á Escola Politécnica de Enxeñaría da Universidade da Coruña, no Campus de Ferrol, e o seu ámbito de actuación será o medio ambiente, a xestión de residuos e a sustentabilidade.
Os obxectivos da cátedra céntranse en impulsar todo tipo de actividades de formación, divulgación, investigación e transferencia de coñecemento relacionadas coa xestión ambiental así como a creación dun Centro de Interpretación de Residuos Industriais.
As actividades de planificación, seguimento e avaliación da Cátedra serán realizadas por unha Comisión mixta, órgano integrado por membros da Universidade da Coruña e de RODONITA-Medio Ambiente.
Máis información aquí.
Directora