“Mens sana in corpore sano”. A UDC ofrece múltiples opcións deportivas: ximnasios, actividades dirixidas, campionatos e ligas universitarias galegas e estatais, pistas de tenis, pádel, estadio universitario...
Saca o teu Abono Deporte e Non pares!
Se es Deportista de Alto Nivel (DANUDC) queremos axudarte a compatibilizar estudos e deporte.
Solicitude DANUDC
Queremos contribuír a ter un mundo mellor, máis solidario e comprometido. Se ti tamén es así, canaliza as túas inquedanzas a través da Oficina de Cooperación e Voluntariado.
Coidar do medio ambiente é coidar de nós mesmos. Na Oficina de Sustentabilidade atoparás múltiples iniciativas para axudar a ter un planeta máis sustentable. Súmate!
Unha das opcións de aloxamento é solicitar praza nalgunha das residencias universitarias públicas da UDC, a Residencia de Estudantes Elvira Bao na Coruña e a Residencia Universitaria de Ferrol.
Nos distintos centros da UDC hai servizo de comedor con prezos reducidos. No campus de Ferrol hai un comedor común a todos os centros no Centro Cultural Universitario. Ademais, a UDC convoca as bolsas de comedor.