O Grupo de Ferrocarrís e Transportes (Ferrotrans) centra a súa investigación nos ámbitos da mobilidade sostible, traballando principalmente en sistemas de transporte urbano e metropolitano, como o autobús, o metro lixeiro ou o tranvitrén, buscando a mellora da eficiencia, a captación de viaxeiros e as operacións dos sistemas de transporte público. Para iso, nos últimos anos, especializouse no uso de datos e novas técnicas de análises para a mellora da mobilidade. Outra liña de traballo de gran traxectoria no grupo céntrase na tecnoloxía da vía ferroviaria e no transporte ferroportuario, destacando a optimización de desvíos ferroviarios. Desde 2020 xestiona o Laboratorio de Mobilidade Sostible (SusMobLab), creado co apoio do Concello da Coruña.