Con motivo da celebración do Día das Mulleres, a Facultade de Filoloxía descubrirá unha placa na aula 1.3, que —por aprobación da Xunta de Facultade— pasará a denominarse Aula Virginia Woolf.
O acto terá lugar o xoves día 14 de marzo ás 9.40 horas e nel participará o estudantado lendo textos da autora.


