Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Licenciaturas  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade


Documentación necesaria para a solicitude de matrícula (curso 2013-2014)

  1. Fotocopia do DNI (só para quen se matricular por primeria vez.)
  2. O documento que corresponder, segundo o título ou as probas que habilitaren o/a alumno/a para os estudos que pretenda cursar:
    1. Orixinal da Tarxeta de Selectividade.
    2. Copia compulsada do Título de Diplomado/Licenciado Universitario/Enxeneiro/Arquitecto/Graduado ou equivalente.
    3. Título de Técnico Superior correspondente ás ensinanzas de Formación Profesional ou Certificación Académica Oficial dos estudos de Formación Profesional na que conste a data do Depósito do Título.
    4. Probas de acceso para maiores de 25 anos: certificado de ter superadas as probas.
    5. Probas de acceso para maiores de 45 anos: certificado de superar as probas de acceso no distrito universitario galego.
    6. Estudos universitarios parciais estranxeiros ou estudos rematados que non foran homologados: é preciso que a universidade lle recoñeza un mínimo de 30 créditos.
  3. Xustificante, se for o caso, de gratuidade, de exención ou de redución de prezos de matrícula.
  4. Xustificante de solicitude de bolsa do Ministerio de Educación de ser o caso.
  5. Fotocopia compulsada do Libro de Familia Numerosa de ser o caso.
  6. Para o alumnado que obtivese a cualificación de matrícula de honra global en 2.º curso de bacharelato, na FP ou premio extraordinario no bacharelato: certificación do centro respectivo.
  7. Ficha de captura de datos para a tarxeta de estudante, con fotografía tamaño carné (só para os que se matriculen por primeira vez).
  8. Unha fotografía tamaño carné.

 

Todos os alumnos MENORES DE 28 ANOS teñen que aboar o SEGURO ESCOLAR OBRIGATORIO.

O seguro Hac-Luce-Cum Laude é OPCIONAL.

 

CÓDIGOS GRAOS

• GRAO EN ESPAÑOL: ESTUDOS LINGÜÍSTICOS E LITERARIOS: 613G01 (ver materias matriculables)

• GRAO EN GALEGO E PORTUGUÉS: ESTUDOS LINGÜÍSTICOS E LITERARIOS: 613G02 (ver materias matriculables)

• GRAO EN INGLÉS: ESTUDOS LINGÜÍSTICOS E LITERARIOS: 613G03 (ver materias matriculables)

CÓDIGOS LICENCIATURAS

• FILOLOXÍA INGLESA: 613211 (ver materias matriculables)

• FILOLOXÍA HISPÁNICA: 613311 (ver materias matriculables)

• FILOLOXÍA GALEGA: 613411 (ver materias matriculables)

CÓDIGOS MESTRADOS UNIVERSITARIOS

• MÁSTER UNIVERSITARIO EN LINGUA E USOS PROFESIONAIS: ESPAÑOL/GALEGO/INGLÉS: 445V01. En extinción; matrícula só para estudantado matriculado en anos anteriores. (Ver plan de estudos)

• MÁSTER UNIVERSITARIO EN LINGÜÍSTICA E AS SÚAS APLICACIÓNS: 436V01. En extinción; matrícula só para estudantado matriculado en anos anteriores. (Ver plan de estudos)

• MÁSTER UNIVERSITARIO EN LITERATURA, CULTURA E DIVERSIDADE: ESPAÑOL/GALEGO: 484V01 (Ver plan de estudos)

• MÁSTER UNIVERSITARIO EN LINGÜÍSTICA APLICADA (4436V02) (Ver plan de estudos) En proceso de verificación.

• MÁSTER UNIVERSITARIO EN ESTUDOS INGLESES AVANZADOS E AS SÚAS APLICACIONS (4505V01) (Ver plan de estudos) En proceso de verificación.