XXV Premio de Creación Literaria e Ensaio
da Facultade de Filoloxía para todo o estudantado da UDC
A Facultade de Filoloxía convoca o XXV Premio de Creación Literaria e Ensaio dirixido a todo o estudantado da Universidade da Coruña.
As modalidades de participación son tres:
- Textos en lingua castelá (poesía, narrativa, ensaio e teatro)
- Textos en lingua galega (poesía, narrativa, ensaio e teatro)
- Textos en lingua inglesa (poesía, narrativa, ensaio e teatro)
O premio consistirá nun lote de libros, cortesía da Libraría Xiada, e a publicación conxunta dos textos gañadores e dos accésits.
O xurado estará composto por profesorado da Facultade de Filoloxía e personalidades de recoñecido prestixio cultural.
Para máis información, consúltese o texto completo da convocatoria.
Data límite de recepción dos textos: 19 abril 2018, 14 h.
|

|