Do interese da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña pola inserción laboral e profesional dos seus estudantes egresados dá conta tanto a existencia de prácticas profesionais nas súas titulacións (quer nas antigas licenciaturas, quer nos actuais graos, quer no Mestrado Interuniversitario en Lingüística Aplicada ou no Mestrado Interuniversitario en Estudios Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións) como a organización de Xornadas de Orientación Laboral dirixidas ao alumnado do centro, nomeadamente ao de último ano, para o informar das varias posibilidades de empregabilidade en relación coa formación fornecida na Facultade.
Estas Xornadas de Orientación Laboral son organizadas na Facultade de Filoloxía cada curso académico desde o ano 2005, e nelas participan tanto persoal da UdC como profesionais en activo nos varios ámbitos laborais relacionados coa formación ministrada no centro. Se quere consultar as xornadas desenvolvidas até o momento, prema aquí.
Alén disto, pode consultar aquí unha listaxe de ligazóns electrónicas de interese para a súa orientación laboral no terreo da investigación, da formación e do emprego.