A Xunta de Facultade de Filoloxía está constituída por
a) O/a decano/a, que a convocará e a presidirá.
b) Os/as vicedecanos/as e o/a secretario/a, que o será tamén da Xunta.
c) Todo o profesorado con vinculación permanente á Universidade, co límite do 51 % do número total de membros da xunta. Unha representación do resto de profesorado que imparta docencia maioritaria no centro e do persoal investigador e en formación que colaborar na docencia nunha proporción do 12 %, sempre que for posíbel.
d) Unha representación de estudantes, que será o 28 % da Xunta.
e) Unha representación do persoal de administración e servizos, que será o 9 % da Xunta.
Como órgano colexiado de goberno do centro, corresponde á Xunta de Facultade:
a) Elixir o/a decano/a e, se for o caso, revogalo/a.
b) Supervisar a xestión dos diferentes órganos de goberno e de administración do centro.
c) Informar a implantación de novas titulacións e estudos.
d) Elaborar e aprobar as propostas de planos de estudos das titulacións que se impartiren no centro.
e) Formular anualmente, antes do comezo do curso académico, o plano docente do centro en coordinación cos departamentos adscritos a este.
f) Organizar, supervisar e informar sobre as actividades docentes para a obtención dos títulos académicos do seu ámbito de competencia, e coordinar e supervisar o desenvolvemento dos contidos mínimos das materias que se impartiren neles polos departamentos, de acordo cos planos de estudo e cos obxectivos que están estabelecidos para cada titulación.
g) Programar os servizos e os equipamentos do centro e supervisar a súa xestión.
h) Acordar a distribución dos créditos que se concederen ao centro e controlar a súa aplicación.
i) Supervisar a xestión e servizos da Facultade.
j) Estabelecer normas de uso de espazos, materiais, recursos etc. do centro.
k) Aprobar o plano anual de acción titorial do centro.
l) Organizar as actividades de formación permanente e de extensión universitaria.
m) Aprobar o horario de clases teóricas e prácticas de cada curso académico.
n) Aprobar o calendario de exames das convocatorias oficiais.
ñ) Aprobar a memoria anual de actividades da Facultade.
o) Crear as comisións que considerar oportunas para o estudo de temas específicos e, se é o caso, revogalas.
p) Elaborar o Regulamento de Réxime Interno da Facultade, propolo para a súa aprobación ao Consello de Goberno, ben como as súas modificacións.
q) Calquera outra que lle atribuíren as disposicións legais vixentes e os Estatutos da Universidade da Coruña.