Faculty of Philology

Normativa de cambio de data de exame por causa de solapamento

(Aprobada na Xunta de Facultade de 3 de xuño de 2016 e modificada pola Xunta de Facultade de 26 de xullo de 2017 e de 24 de xullo de 2024)

 

Cando un/ha estudante tiver dous exames oficiais no mesmo día e á mesma hora, terá dereito a que se cambie a data do exame da materia con menor prelación.

 

2   A prelación para realizar o exame na data establecida é a seguinte:

1.o  Materias básicas
2.o  Materias obrigatorias
3.o  Materias optativas

Se foren materias do mesmo tipo e diferente curso, mudan de data as do curso superior.

 

3    O/a estudante solicitará ao decanato, mediante o formulario establecido (Anexo 1), o cambio da data de exame.

A solicitude presentarase ao menos 10 días hábiles antes do comezo do período de avaliación.

Para a segunda oportunidade das materias do segundo cuadrimestre a solicitude presentarase non máis tarde que dous días hábiles despois do peche das actas da primeira oportunidade.

 

4   O profesorado responsable da materia que debe mudar de data deberá concordar coa persoa afectada unha data e hora distintas dentro do período oficial de exames e, se for posible, posterior ao día previsto no calendario oficial.

En caso de desacordo, decidirá o/a decano/a tras seren consultados o estudantado e profesorado implicados.

 

5    O/a estudante só terá dereito a realizar o exame da materia que cambie a data se efectivamente se presenta ao exame cuxa coincidencia motivou o cambio. O pro­fe­sorado da materia que cambie de data  poderá solicitar un xustificante de se ter presentado ao outro exame (Anexo 2).

 

6    Quedan expresamente excluídas destas normas as probas de avaliación continua que se realicen fóra do período de avaliación establecido polo calendario académico, que quedarán suxeitas ás normas que cada docente estableza.

 

7   O/a decano/a terá capacidade para interpretar esta normativa e resolver os casos non recollidos. 

 

Anexo 1: Formulario de solicitude (galego)  |  Formulario de solicitude (español)

Anexo 2: Parte de asistencia a un exame (galego) | Parte de asistencia a un examen (español)

Normativa (PDF)