Se non rematou os seus estudos de licenciatura nunha titulación filolóxica e quere incorporarse a unha titulación de grao, pode solicitar que se lle recoñezan as materias que figuran superadas no seu expediente: pode consultar aquí as táboas de equivalencia das materias.
Se quere adaptar o seu expediente nun grao cursado na Facultade de Filoloxía da UDC (Español/Galego e Portugués/Inglés: estudos lingüísticos e literarios) para cursar outro, pode consultar aquí os cadros de recoñecemento (validación) de materias entre os distintos graos do centro.
Se ten algunha dúbida, pode dirixirse á administración do centro.