Faculty of Philology

Servizos

 

Administración do centro

Localización: andar 0 do edificio principal

Correo electrónico: administracion.filoloxia@udc.es

Teléfono: 881 011 717  (extensión interna: 1717)

Horario de atención: 08.30-14.30 horas

Persoal

Páxina web

 

Rexistro

Localización: andar 0 do edificio principal (secretaría do decanato)

Correo electrónico: secretaria.decanato.filoloxia@udc.gal

Teléfono: 881 011 833 (extensión interna: 1833)

Horario de atención: 08.30-14.30 horas

Persoal

 

Conserxaría

Localización: andar 0 do edificio principal

Correo electrónico: conserxaria.filoloxia@udc.gal

Teléfono: 881 011 713  (extensión interna: 1713)

Fax: 981 167 151 (extensión interna: 1879)

Horario de atención: 08.00-22.00 horas

Persoal

 

Biblioteca

A biblioteca ocupa catro andares do edificio principal do centro. Prácticamente todos os seus fondos —ao redor de 110 000 volumes e 1 000 títulos de revistas especializadas e de divulgación— son de libre acceso.

Correo electrónico: biblioteca.fil@udc.es

Teléfono: 881 011 712  (extensión interna: 1712)

Horario de apertura: 08.30-21.30 horas

Persoal

Páxina web

 

Reprografía

O servizo de reprografía máis próximo está na Facultade de Ciencias (parada de bus UDC anterior a Filoloxía).

Pódense facer copias e imprimir nunha fotocopiadora que hai no andar soto da biblioteca. É necesaria unha tarxeta prepago que se adquire en reprografía da Facultade de Ciencias.

Tamén na biblioteca (andar soto) é posible escanear documentos nun escáner de altas capacidades de libre acceso.

Na Aula Net existe posibilidade de imprimir se se aporta o papel.

Pódese enviar un documento a través da web e recollelo impreso na Facultade de Ciencias.

O profesorado conta tamén cunha fotocopiadora na biblioteca e outra xunto á conserxaría.

 

Sala de traballo

Atópase no primeiro andar, no paso do edificio principal ao anexo, diante do servizo de reprografía. Esta sala está destinada ao traballo en grupo: é de acceso libre e conta con tomas eléctricas nos seus 50 postos de traballo e conexión wi-fi (como todo o centro).

Horario de apertura: 08.30-20.30 horas.

 

Cafetaría e comedor

Está situada no andar 0, entre o edificio principal e o anexo. Accédese a ela desde o aparcadoiro da Facultade e desde o interior do edificio principal.

Teléfono: 881 014 736  (extensión  interna: 4736)

Horario de apertura: 08.30-20.00 horas.

 

Servizos informáticos

Atención telefónica: extensión 2222 (8.00-20.00 h)

Técnico informático na facultade: andar 1 do edificio principal, despacho 1.12, extensión 4733

Persoal con sede na facultade

 

Negociado de Asuntos Económicos

Localización: andar 1 do edificio anexo

Correo electrónico: xestion.economica.filoloxia@udc.gal

Teléfono: 881 011 716 (extensión interna: 1716)

Persoal