Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Licenciaturas  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade


Simultaneidade de graos

Información xeral  |  Detalles  |  Estrutura xeral  |  Estrutura detallada  |  Normativa  |  Matrícula  |  Máis información

 

Matrícula en prazas vacantes

Para o curso 2015-2016 existen prazas vacantes para incorporación ao 3.º curso nos seguintes Programas de Simultaneidade:

  • Grao en Español - Grao en Galego e Portugués
  • Grao en Inglés - Grao en Galego e Portugués

O alumnado interesado en incorporarse ao 3.º curso de calquera destes programas poderá solicitar a matrícula de forma presencial na Administración da Facultade do 9 ao 10 de setembro de 2015:

a. As persoas interesadas en incorporarse ao 3.º curso dos programas de simultaneidade deberán cumprir os requisitos de acceso.

b. Se a demanda for maior que as prazas vacantes, o alumnado será matriculado por orde de nota de acceso á Universidade.

c. Debido a que este procedemento é posterior ao remate do prazo de matrícula nos graos, o alumnado que solicite a matrícula nos programas de simultaneidade e non acceda a eles será matriculado no grao de forma presencial na  Administración do 14 ao 16 de setembro.

 

Publicación das prazas vacantes para o curso 2015-2016