Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Medio Ambiente na Facultade de Filoloxía

 

Plan de Acción do Comité Ambiental da Facultade de Filoloxía para o curso 2016/2017

Aprobado polo Comité Ambiental o 20 de outubro de 2016 e ratificado pola Xunta de Facultade o 26 de decembro de 2016 

1. Política e xestión ambiental

   1.1. Elaboración dun código de comportamento ambiental (declaración medioambiental)

   1.2. Elaboración dun plan de acción anual

   1.3. Realizacion dunha avaliación dos aspectos medioambientais da facultade

   1.4. Potenciación do Comité Ambiental

  • Renovación e incorporación de novos membros membros
  • Participación activa na vida da facultade
  • Asignación e acomodación dun espazo de traballo exclusivo para o comité 

   1.5. Visibilización da actividade ambiental na facultade

  • Actualización continua da páxina web do Comité Ambiental e presenza da informa-ción medioambiental na páxina web xeral da facultade
  • Instalación dun taboleiro exclusivo para o Comité Ambiental/Green Campus
  • Difusión da actividade por medios variados, a todos os sectores da facultade e en todos os foros posibles. 
2. Enerxía

   Optimización do consumo de enerxía eléctrica

  • Sinalización da luminarias que acende cada interruptor, para evitar picos de consumo en acendidos innecesarios e tamén para disminuir o desgaste dos tubos fluorescentes e lámpadas
  • Recollida de información sobre o consumo da iluminación e de diversos equipos (computadores, impresoras, fotopiadoras, escáneres, aire acondicionado etc.).
  • Información sobre o consumo dos equipos e iluminación e concienciación sobre o aforro de apagalos.
3. Auga
  • Medición da auga consumida en distintas billas ou usos
  • Campaña de concienciación e sinalización do consumo de cada uso
  • Promoción da comunicación de incidencias de billas ou cisternas das que escapa auga ou consumo eléctrico innecesario.
4. Residuos
  • Fomentar a redución de residuos, o aproveitamento de materiais e a reciclaxe
  • Xestionar os aparatos eléctricos e electrónicos de xeito que manteñan a súa funcionalidade ou poidan ser reutilizados
  • Reciclar adecuadamente os residuos de aparatos eléctricos e electrónicos avariados ou no fin da súa vida útil.
5. Contaminación atmosférica, acústica e lumínica
  • Solicitude á Comisión de Infraestruturas e Servizos de medidas para diminuír o ruído producido en determinadas salas.
6. Mobilidade
  • Promoción da mobilidade sostible, programa para compartir coche.
  •  Enquisa sobre mobilidade.
7. Zonas verdes e biodiversidade
  • Promoción das hortas urbanas.
  • Adición de cartelas ás plantas dos xardíns.
  • Obradoiros de caixas niño, coñecemento do Monte da Fraga etc.
  • Elaboración de compost cos residuos orgánicos da cafetaría.

 

8. Compra verde e consumo responsable

   8.1. Aforro de papel

  • Campaña de recomendación e uso de medios electrónicos
  • Incremento da administración sen papel
  • Uso e/ou recomendación de uso de pé de correo electrónico coa indicación de que non se imprima
  • Campaña para evitar no posible os borradores impresos
  • Promoción do uso das dúas caras do papel
  • Promoción da reutilización de sobres e papel
  • Elaboración de caixas de recollida de papel para reciclaxe e segundos usos.

   8.2. Outros

  • Adquisición de baterías recargables e cargador para por á disposición da facultade
  • Substitución de equipos con alimentación con pilas por outros que non as precisen
  • Compras de produtos certificados e a empresas con certificados de sostenibilidade
  • Promoción das fontes e de consumo de auga non envasada
  • Predefinición de uso de impresoras en branco e negro e dobre cara, onde sexa aconsellable
9. Participación, sensibilización e voluntariado ambiental
  • Colaboración coa OMA: préstamo de espazos, colaboración á difusión de actividades, cesión de espazos para exposicións, participación en accións e obradoiros...
  • Promoción do voluntariado ambiental.

  • Conferencia e obradoiro de Gordon Henry, profesor nativo americano, o 31 de marzo de 2017 sobre o concepto de natureza para os nativos americanos.

  • Convocatoria dun concurso de ensaio e tradución sobre temas ambientais.

10. Ambientalización curricular da docencia e da investigación
  • Estudo detallado dos contidos, practicas e accións de interese medioambiental nas guías docentes do curso 2016/2017.
  • Elaboración de recomendacións para a mellora da ambientalización curricular.
  • Posta en valor dos contidos medioambientais incorporados á docencia e á investigación do centro.