Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Licenciaturas  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade


Aviso importante: Cambio de Licenciatura a Grao, curso 2013/2014

[Consulte máis información xenérica da UDC sobre a incorporación do alumnado de licenciatura ao grao premendo aquí]

  1. O alumnado interesado no cambio de Licenciatura ao Grao correspondente debe informarse na Administración da Facultade da súa situación académica e dos recoñecementos posibles segundo a táboa de equivalencias entre a licenciatura e o grao.
  2. O prazo para solicitar o cambio para a titulación de Grao vai do 15 de xullo ao 30 de setembro de 2013. Deberá presentarse a solicitude na Administración do centro.
  3. As persoas que se cambien da Licenciatura ao Grao correspondente poderán matricularse ata o 21/10/2013.
  4. Unha vez que se extinga cada curso das Licenciaturas, efectuaranse seis convocatorias de exame nos tres cursos seguintes. De non superar as materias neses tres anos, as persoas afectadas deberán cambiarse ao Grao.
  5. Recórdase ao alumnado que o próximo curso académico 2013/2014 é o último ano con dereito a matrícula para as materias de 3.º curso das licenciaturas e o curso académico 2014/2015 é o último para as materias de 4.º.

 

Normativa sobre a incorporación ao grao do alumnado de licenciatura