A Facultade | Graos | Mestrados | Licenciaturas | Doutoramento | Investigación | Calidade
Recoñecementos de materias das licenciaturas nos graos
Os estudantes de licenciatura que o desexen poderán incorporarse ao título de grao mediante o proceso de adaptación que a continuación se expón.
I. En primeiro lugar, proponse unha adaptación por bloques, cun recoñecemento baseado no número de créditos cursados, dacordo coas seguintes condicións:
- O estudante que superase, como mínimo, 60 créditos da licenciatura actual, sempre que estes inclúan as asignaturas troncais e obrigatorias de primeiro, obterá o recoñecemento do primeiro curso completo e do título de grao.
- O estudante que superase, como mínimo, 120 créditos da licenciatura actual, sempre que estes inclúan as asignaturas troncais e obrigatorias do primeiro e segundo cursos, obterá o recoñecemento do primeiro e segundo cursos completos do título de grao. Esta adaptación terá vixencia a partir do curso 2010-2011.
- O estudante que superase, como mínimo, 180 créditos da licenciatura actual, sempre que estes inclúan as asignaturas troncais de primeiro, segundo e terceiro, obterá o recoñecemento do primeiro, segundo e terceiro cursos completos do título de grao. Esta adaptación terá vixencia a partir do curso 2011-2012.
- O estudante poderá tamén solicitar o recoñecemento das materias cursadas na licenciatura polas do novo grao.
- Poderase solicitar o recoñecemento académico de créditos optativos (ata 12) pola acreditación de competencias recollidas no título de grao, sempre que as adquiriran nas materias da licenciatura e non as utilizaran para outro recoñecemento.
- Todos os recoñecementos deberán solicitarse expresamente e deberán ser informados favorablemente pola Comisión de Organización Académica da Facultade de Filoloxía.
II. En segundo lugar, propóñense os seguintes cadros de recoñecemento por materias:
• Grao en Español: estudos lingüísticos e literarios: táboa de equivalencias
• Grao en Galego e portugués: estudos lingüísticos e literarios: táboa de equivalencias
• Grao en Inglés: estudos lingüísticos e literarios: táboa de equivalencias