New content section

 

LERD's UDC

Horario de atención ao público (ABAU-PREINSCRICIÓN):  de 09:00 h a 14:00 h

A Coruña: lerdcoruna@udc.gal  -- Teléfonos: 881 011 964, 881 011 190, 881 011 961, 881 012 915, 881 011 192

Ferrol: lerdfer@udc.gal  -- Teléfonos: 881 013 650, 881 013 672, 881 013 675

 

INFORMACIÓN PAU 2025 (datas provisionais)


Convocatoria ordinaria: 3, 4 e 5 de xuño

Convocatoria extraordinaria: 1, 2 e 3 de xullo

 

Cota de reserva para colectivos

Colectivo Porcentaxe
Titulados Universitarios 1 %
Discapacitados (igual ou superior ao 33%) 5 % do colectivo xeral
Deportistas de alto nivel ou alto rendemento

3 % (Fisioterapia e CC. Actividade Física e do Deporte 8%)

Deportistas, de alto nivel e de alto rendemento deportivo, e persoas adestradoras e técnicas, xuíces e xuízas e árbitros e árbitras galegas de alto nivel deportivo (Decreto 165/2020)

2% CC. Actividade Física e do Deporte

Maiores de 25 anos 2 %
Maiores de 45 anos 2 %

 

A solicitude de acceso poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establezan (NERTA) excepto os casos indicados na convocatoria.

Cada alumno/a poderá tramitar unha única de solicitude, na que indicará -por orde de preferencia vinculante- ata un máximo de cinco titulacións diferentes nas que desexa matricularse, podendo chegar ata un máximo de dez se as solicitudes corresponden a titulacións iguais impartidas en diferentes centros.

É fundamental a orde de preferencia, posto que o alumno/a será admitido nunha única titulación, que será aquela de maior preferencia na que acade a nota do último alumno admitido. Unha vez admitido nunha titulación, o resto das titulacións solicitadas de menor preferencia eliminaranse automaticamente da lista de agarda.

É imprescindible indicar correctamente o código das titulacións ás que se solicita acceso, xa que a asignación de prazas faise informaticamente a partir deste código que indica o nome da titulación e o campus no que se imparte.

Lembre que é obrigatorio confirmar a súa listaxe de agarda logo da publicación de cada listaxe de admitidos  durante o prazo de matricula que se establece para esa quenda. De non facelo se liberarán as prazas en todas as titulacións  solicitadas con estado "en espera".

Na convocatoria extraordinaria non se ofertarán prazas nas ensinanzas universitarias que teñan a matrícula cuberta na convocatoria ordinaria, ou aquelas nas que a CIUG considere que existen datos obxectivos que permitan prever esa circunstancia. En todo caso, non se poderán deixar prazas vacantes previamente ofertadas mentres existan solicitudes formalizadas dentro dos prazos establecidos.

O alumnado poderá presentar reclamación á súa asignación de prazas, no prazo de tres días hábiles,  a través do formulario que estableza a CIUG

Os/as titulados/as universitarios/as e o alumnado coas probas de maiores de 25 ou maiores de 45 superadas, disporán dun único prazo de solicitude correspondente á convocatoria ordinaria (ver calendario).

O alumnado solicitante da cota xeral, que reúna os requisitos para solicitar acollerse as cotas de prazas reservadas para estudantado con Discapacidade e Deportistas de Alto Nivel - Alto Rendemento, poderán facer uso desta posibilidade  coa debida acreditación establecida na convocatoria.

 

Información na CIUG