O estudantado de bacharelato e de ciclos formativos de grao superior.
Coas actividades que se detallan a continuación pretendemos que o futuro estudante universitario coñeza, de primeira man, os títulos de grao que se imparten na Universidade da Coruña.
Descobre o teu futuro na nosa Xornada de Portas Abertas!
Vén a coñecer a nosa universidade:
Explora as nosas instalacións, coñece en detalle a nosa oferta académica e sumérxete na vida universitaria a través de encontros co profesorado e estudantado, que te guiarán en visitas e actividades deseñadas para que vivas a experiencia de primeira man.
Inscríbete nos centros do teu interese, seleccionando o horario que sexa mellor para ti.
Recibirás un agasallo especial: unha bolsa exclusiva da UDC. Esperámoste!
No marco do Programa de Difusión da Oferta Académica dos Graos que se imparten na Universidade da Coruña (UDC), comprácenos invitalo/a a participar na Xornada co persoal dos Departamentos de Orientación, que terá lugar o xoves 12 de febreiro de 2026, na Facultade de Dereito.
A UDC ten unha ampla oferta de charlas/obradoiros, en liña e presenciais, de divulgación científica coa que, profesorado e investigadores, achegarán ao voso alumnado, de xeito ameno e diferente, a ciencia e a investigación que se desenvolve na nosa universidade.
Neste programa o profesorado da UDC visitará o seu centro e impartirá unha charla presencial sobre a Universidade, as titulacións de grao, as bolsas e a vida universitaria.
O centro educativo pode organizar visita ás facultades/escolas para grupos de estudantes.
Para concertar a visita deben contactar coa persoa indicada en cada centro.
Os Centros de Investigación, de referencia nacional e internacional, abren as súas portas para que o voso alumnado poidan coñecer, dende dentro, que investigación se fai na UDC.
Os Institutos Universitarios da UDC abren as súas portas para que o voso alumnado poida coñecer as actividades que desenvolven.
A Facultade de Informática da UDC acollerá a Olimpíada Informática Galega 2026 (OIG 2026), que se celebrará o vindeiro 6 de febreiro.
A OIG permitirá seleccionar a dous representantes galegos para participar na XXX Olimpíada Informática Española (OIE), que se celebrará do 10 ao 12 de abril de 2026 na Escola de Enxeñaría en Informática da Universidade de Valladolid. De aí, os gañadores poderán acceder á Olimpíada Informática Internacional, que se celebrará en agosto do vindeiro ano en Uzbekistán.
O venres 6 de marzo de 2026, ás 16:00 h e de xeito presencial, a Facultade de Ciencias da UDC acollerá a Olimpíada de Física. Nesta olimpíada pode participar estudantado de Bacharelato ou Ciclos Formativos de Grao Medio ou Superior que estean a cursar nun centro educativo da Comunidade de Galicia.
Circular XXXVII Olimpíada Física 2026
Premios: Os dous primeiros postos na clasificación da Olimpíada 2026 accederá de xeito directo á fase final da Olimpíada de Física-Fase Nacional, que terá lugar entre o 10 e o 13 de abril de 2026 en Zaragoza.
Plazo de inscrición: ata o luns 2 de marzo de 2026
I Premio da Cátedra ALDABA-WIB ao mellor vídeo en materia de promoción da participación da muller no desenvolvemento das TIC
O obxectivo principal destes premios é espertar o interese da poboación feminina polo ámbito tecnolóxico e apostar por un futuro tecnolóxico máis igualitario a través de pezas breves para redes sociais que derruben estereotipos.
A convocatoria pódese consultar neste enlace.
O STEMbach ou Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, pensado tanto para a modalidade de Humanidades como para a de Ciencias e creado ao abeiro da Estratexia galega para a educación dixital, promove a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica e permite unha conexión directa co ensino universitario.
Calquera outra dúbida será atendida a través do correo de contacto da coordinación STEMbach na UDC: stembach@udc.gal