XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS

Páxina Activa: Videoconferencias impartidas o xoves 8 de abril de 2021

A UDC nun clic

Como futuro estudante universitario queremos amosarche a Universidade da Coruña nesta Xornada Virtual de Portas Abertas.

Como somos, que facemos e que podemos ofrecerche para que se vexan cumpridas as túas expectativas vitais e profesionais na túa traxectoria universitaria. Achégate!

Benvido/a á Universidade da Coruña!

Benvido/a ao teu futuro!

Está á vosa disposición, na ficha de cada grao, a gravación da videoconferencia impartida nesta Xornada.

Premendo no seguinte botón atoparás información sobre Acesso, Admisión/Preinscrición, Matrícula e sobre a oferta de graos (notas de corte, novidades, simultaneidades, graos internacionais, docencia en inglés):

Acceso, Admisión/Preinscrición e + de Grados

Punto de Información

Se tes calquera dúbida sobre acceso, admisión ou queres información xeral sobre as titulacións, podes consultarnos en: sape@udc.es

logo-ciug ABAU e Preinscrición 2021

Podes ver agora unha das dúas charlas que impartiu o presidente da CiUG, Pedro Armas Diéguez,  sobre ABAU e Preinscrición

Campus de especialización - Centros de investigación

O Campus Industrial conta con seis centros nos que se imparten catorce graos, nove másteres e seis programas de doutoramento enmarcados nas dúas áreas de especialización que fan de Ferrol un Campus singular: a naval e oceánica e a industrial.

A UDC quere comprometerse decididamente, desde os ámbitos da docencia, da investigación e da transferencia de resultados, co impulso da sustentabilidade do modelo de sociedade actual. De aí xorde a súa aposta pola especialización neste eido a través da posta en marcha deste Campus Sustentabilidade.

O Campus Innova responde ao impacto da innovación no crecemento económico e no desenvolvemento empresarial consolidando a UDC como un polo de coñecemento de excelencia na innovación dixital, tecnolóxica e humanística.

Centros de investigación

A Universidade da Coruña contribúe ao progreso e á innovación coa posta en marcha dun parque tecnolóxico que se converterá no departamento da I+D+i das empresas. O Parque é un complexo conxunto de centros de investigación que se reparten entre os campus de Elviña e de Ferrol. Este proxecto, que xa é unha realidade apoiada de forma decidida tanto polas administracións públicas como polo sector empresarial, posibilitará o contacto directo entre a universidade e a empresa.