O protocolo é o conxunto de normas, usos e técnicas que regulan a organización e desenvolvemento dos actos institucionais, así como a orde e trato das autoridades e persoas participantes.
A autonomía universitaria, prevista na Constitución e desenvolvida na Lei de reforma universitaria, permite que, dentro do marco xeral establecido pola lei, as universidades poidan autorregular a celebración dos seus actos e cerimonias, o que propicia o rexurdimento dos sinais de identidade propios de cada unha delas.
Esta páxina recolle as normas e directrices básicas para a organización de actos oficiais e solemnes da Universidade da Coruña (UDC), co obxectivo de garantir a coherencia, o respecto institucional e a orde protocolaria.