Servizo de Xestión Económica, Patrimonio e Inventario

Este servizo créase na nova relación de postos de traballo (RPT) do persoal de administración e servizos (PAS) da UDC pola resolución reitoral do 25 de xuño de 2024 publicada no DOG o 8 de xullo de 2024. 

As súas funcións comprenden tres áreas de actuación:

A xestión económica, que ten como principais tarefas:

A xestión das facturas, para o seu pagamento, dos expedientes de subministracións, principalmente contratos menores variados e dos grandes expedientes de tracto sucesivo como electricidade, gasóleo e auga por exemplo; obras (novas edificacións e reparacións das existentes); servizos e mantementos (tanto expedientes de licitación como de contratos menores de distinta natureza) de partidas dos servizos centrais, é dicir da Xerencia, do Reitor e dalgunhas das vicerreitorías e das súas unidades dependentes.

A tramitación do pagamento das bolsas e axudas de estudantes e doutros membros da comunidade universitaria.

A xestión para o pagamento das indemnizacións por razón do servizo (IRS) do persoal docente e investigador e de administración e servizos das distintas unidades dependentes dos servizos centrais, así como dos membros do equipo de goberno.

A información a provedores sobre o estado da tramitación das facturas.

A información e interacción con membros da comunidade universitaria responsables dos contratos sobre a súa facturación.

Resposta de consultas e asesoramento, e en ocasións formación, sobre procedementos da distinta tramitación económica a outras unidades ou a outros membros da comunidade universitaria.

A xestión do inventario e do patrimonio da UDC.

Polo que respecta ao inventario poderíamos destacar algún dos seus principais cometidos:

Como a confección, valoración, mantemento, identificación e actualización do inventario xeral, coa tramitación de altas, baixas e melloras de elementos, depurando o seu estado xurídico e a súa inscrición nos rexistros públicos correspondentes.

É fundamental o cálculo da amortización de todos os bens amortizables unha vez finalizado o exercicio para que se faga o peche orzamentario.

Tamén e unha parte importante na xustificación do gasto de fondos alleos de investigación. Contribúe de igual xeito a mellora da xestión económica de fondos alleos e propios ao atender as consultas sobre a xestión do inventario das distintas unidades xestoras da Universidade.

No que atinxe ao patrimonio hai varias e importantes tarefas, entre outras:

Tenencia e custodia de documentos, escrituras ou títulos e valores nos que se representen ou materialicen os bens ou dereitos.
Xestión de ingresos e gastos do patrimonio da UDC, como impostos (imposto sobre bens inmobles-IBI, imposto de vehículos de tracción mecánica-IVTM, e imposto sobre o valor da produción de enerxía eléctrica-IVPEE por exemplo) e canons das concesións (como as cafetarías, máquinas expendedoras, a gardería e a reprografía), entre outros.

A xestión de espazos que comprende a cesión gratuíta, semigratuíta ou o aluguer das diferentes instalacións da UDC. Entre elas cómpre distinguir as da Reitoría e as das distintas Escolas, Facultades e outros edificios que albergan distintos servizos e unidades da UDC (A Normal, o CUR, Pavillón de Deportes, as Instalacións deportivas da Fac. CC. do Deporte e a cidade das TIC, entre outras).

Tamén temos que distinguir entre as actividades fixas (aluguer de instalacións deportivas a diferentes asociacións por exemplo) e as puntuais ou casuais (organización de congresos, xornadas, talleres, oposicións e similares a distintas organizacións tanto públicas como privadas) con diverso grao de complexidade organizativa.

A xestión do patrimonio artístico da UDC.

Tramitación e asesoramento nos procesos de doazóns e cesións á UDC como de esta a persoas e organizacións públicas e privadas.

Realización dos trámites necesarios para a desafectación e venda de bens de dominio público da UDC.

O principal obxectivo deste servizo é converterse nun instrumento de perfeccionamento da actividade económico-financeira da Universidade da Coruña.

Este servizo depende orgánica e funcionalmente da Xerencia segundo o artigo 3.3 da RR do 10/07/2024, pola que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais da UDC e as competencias dos seus órganos directivos.


Persoal

Xefatura de Servizo: Lorenzo Pena Blanco - 881011097

Xefatura de Sección de Xestión Económica: Pilar De la Fuente Simes - 881011034
Xefatura de Sección de Inventario e Patrimonio: Jorge González Fernández - 881011185

Xefatura de negociado I: Elsa Pardo-Ciorraga Meléndrez - 881011039
Xefatura de negociado II: Ana María Enríquez Luces - 881011122
Xefatura de negociado III: Rubén Romero Rozas - 881012342

Posto base: María Díaz García - 881012341
Posto base: Ana Belén Meitín García - 881011124
Posto base:  Sandra Peña Rodríguez - 881012384
Posto base: Diego José Domínguez Martínez - 881011123


Enderezo

Reitoría
Rúa da Maestranza, 9, 1.º andar
15001 - A Coruña
Fax: +34 981 167 012 Ext.: 1068
Correo electrónico: servizo.xestioneconomica@udc.gal / negociados.xepi@udc.galseccion.inventario@udc.gal / seccion.patrimonio@udc.gal / seccion.xestioneconomica@udc.gal