Comisións estables

Comisión de Investigación

Terá a competencia para entender en todo o relativo ao fomento da investigación e especialmente para:

  • Elaborar a proposta de distribución de parte do orzamento da Universidade entre os departamentos e institutos.
  • Propoñer á Xunta de Goberno a distribución doutra parte do orzamento de investigación da Universidade para financiar proxectos de especial interese.
  • Determinar os tipos e condicións das convocatorias dos programas de axuda á investigación e propoñer a resolución das solicitudes presentadas nas ditas convocatorias.
  • Informar sobre as orientacións xerais relativas á investigación.

Composición

Vicerreitores/as

  • Puertas Agudo, Jerónimo (presidente)
  • López Fernández, María Teresa

Profesorado

  • Córdoba Rodríguez, Félix
  • Martínez Lage, Andrés
  • Salgado Don, Alsira
  • Sánchez Bello, Ana
  • Souto Camba, Sonia

Estudantado

  • Rodríguez Pérez, Pablo
  • Rivera Dourado, Martiño


Comisión de Plan de Estudos

Será competente para entender sobre os diferentes aspectos dos planos de estudo propostos para a súa aprobación pola Xunta de Goberno, así como sobre a súa implantación e sobre os distintos aspectos das validacións entre eles, e especialmente para:

  • Informar sobre a adecuación á lexislación vixente e ás normas xerais aprobadas polo Claustro das propostas dos planos de estudo.
  • Velar por un deseño dos planos de estudo o máis axeitado posible ás necesidades xerais e específicas da Universidade da Coruña.
  • Velar pola congruencia dos novos planos de estudo por aprobar e das adaptacións dos xa aprobados.
  • Informar as propostar de implantación e de adaptación dos planos de estudo.
  • Propoñer as equiparacións de materias entre os diferentes planos de estudo da Universidade da Coruña, así como a resolución de solicitudes de validación de estudos cursados en centros docentes doutras Universidades.
  • Informar os proxectos de regulamentos e normativas da súa área de competencia.

Composición

Vicerreitores/as

  • Canle López, Moisés

Profesorado

  • Cabrero Canosa, Mariano Javier
  • Córdoba Rodríguez, Félix
  • Lema Fernandez, Carmen Socorro
  • Mariz Pérez, Rosa María
  • Martínez Lage, Andrés
  • Piñón Pazos, Andrés José
  • Souto Camba, Sonia

Estudantado

  • Berbia Castro, Carla
  • Cousillas Carrera, Valeria Oliva

Persoal técnico, de xestión e administración de servizos

  • Deserta


Comisión de Organización Académica e Profesorado

Terá a competencia para entender en todo o referido a cuestións de organización académica e profesorado e en particular para:

  • Velar por unha dotación axeitada de prazas de profesorado e de recursos docentes nas diferentes áreas e departamentos.
  • Informar as normas xerais de actuación das comisións para xulgar as prazas de profesores interinos, contratados e axudantes.
  • Informar as propostas de nomeamento de profesores eméritos.
  • Informar as propostas para a contratación de profesores visitantes e sobre a contratación de lectores.
  • Estudar os resultados de avaliación anual da actividade docente da Universidade.
  • Informar as normas de organización docente da Universidade.
  • Informar e propoñer programas de formación de profesorado.
  • Informar a proposta de cadro de persoal docente e investigador.

Composición

Vicerreitores/as

  • López Fernández, María Teresa (presidenta)
  • Canle López, Moisés

Profesorado

  • Amor López, Margarita
  • Busto Lago, José Manuel
  • Córdoba Rodríguez, Félix
  • Martínez Lage, Andrés
  • Sánchez Bello, Ana

Estudantado

  • Larrosa Mariño, Raquel 
  • Rivera Dourado, Martiño


Comisión de Asuntos Económicos

Terá como competencia para entender no relativo aos aspectos económicos da Universidade, e especialmente para:

  • Estudar os orzamentos ordinarios e informar sobre as necesidades dos orzamentos extraordinarios e adicionais que lles sexan presentados.
  • Estudar a memoria económica anual da Universidade.
  • Propoñer os criterios sobre a distribución das axudas de equipamento xeral.
  • Propoñer a resolución das solicitudes presentadas ás convocatorias de axudas ao equipamento xeral.
  • Informar os proxectos de regulamentos e normativas da súa área de competencia.

Composición

Vicerreitor

  • Fernández Castro, Ángel Santiago (presidente)

Xerente

  • Grela Barreiro, María Jesús

Profesorado

  • Cabrera Canosa, Mariano Javier
  • Córdoba Rodríguez, Félix
  • Lema Fernández, Carmen Socorro
  • Navarrina Martínez, Fermín Luis
  • Romero González, Manuel

Estudantado

  • Blanco Ameijenda, Francisco Enrique
  • Rodríguez Ríos, Irene

Persoal técnico, de xestión e administración de servizos

  • López Domínguez, Javier
  •  


Comisión de Extensión Universitaria

Terá a competencia para entender en todo o relativo ao fomento das actividades e servizos de atención á comunidade universitaria, así como todo aquilo que contribúa ao progreso do coñecemento e da cultura no seo da sociedade, así como á promoción das actividades de extensión universitaria, e especialmente para:

  • Informar as propostas para o desenvolvemento das iniciativas de proxección das funcións e servizos da institución universitaria ao seu contorno social.
  • Informar e propor as iniciativas de atención á defensa, desenvolvemento e difusión da cultura galega desde a institución universitaria.
  • Propoñer a organización de actividades de extensión universitaria.
  • Informar e propor os repartos de orzamentos con cargo a créditos centralizados daquelas partidas que correspondan ás vicerreitorías da súa área de competencia.
  • Informar e propor normas sobre a organización dos servizos xerais de atención á comunidade universitaria.
  • Informar os proxectos de regulamento dos diferentes servizos da súa área de competencia.
  • Informar e propor a política de bolsas e axudas aos estudantes.

Composición

Vicerreitoras

  • Lombardía Cortiña, María José (presidenta)
  • López Villar, Cristina
  • Naya Riveiro, Cristina

Profesorado

  • Busto Lago, José Manuel
  • Calvo Rolle, José Luis
  • Castro Souto, Laura Milagros
  • Romero Gómez, Manuel

Representantes do estudantado

  • Blanco Ameijeinda, Francisco Enrique
  • Sueiro Méndez, Laura

Representantes do persoal de administración e servizos

  • Cantarero Roldán, Alicia
  •