O Departamento de Letras imparte docencia en titulacións das Facultades de Filoloxía, Ciencias da Comunicación, Ciencias da Educación, Ciencias da Saúde, Dereito, Economía e Empresa, Fisioterapia, Humanidades e Documentación e nas Escolas Técnicas Superiores de Naútica e Máquinas e na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica.
No nivel de grao, destaca a participación do departamento nas titulacións da Facultade de Filoloxía: Español: Estudos Lingüísticos e Literarios, Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios e Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios.
No nivel de posgrao, o persoal docente do departamento participa nos mestrados interuniversitarios en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións e en Lingüística Aplicada –ambos en colaboración coas Universidades de Santiago de Compostela e de Vigo– e o mais no mestrado universitario en Literatura, Cultura e Diversidade, os tres impartidos na Facultade de Filoloxía. O profesorado do departamento colabora tamén en varios mestrados do ámbito xurídico-social: Asesoramento Xurídico Empresarial, Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas, e Profesorado de ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas.
O departamento forma parte do plantel de tres programas oficiais de doutoramento de carácter interuniversitario: Estudos Ingleses Avanzados, Estudos Lingüísticos e Estudos Literarios.