Convértete en embaixador/a da E.T.S. de Náutica e Máquinas

Divulga os estudos do Grao en Máquinas Navais e do Grao en Náutica e Transporte Marítimo entre os teus coñecidos en busca futuros oficiais, xefes e capitáns para a “túa flota”.

Aquel ou aquela estudante da UDC que máis futuros estudantes “capte” para o seu barco conseguirá un premio de 150€, 100€ ou 50€.

Consegue ser o/a embaixador/a máis grande e gaña!!

A presente convocatoria ten por obxecto recoñecer o labor de captación entre os/as estudantes da UDC, pola súa iniciativa individual, que de forma autónoma e proactiva, realicen accións para divulgar as titulacións do Grao en Máquinas Navais (GMN) e o Grao en Náutica e Transporte Marítimo (GNTM) e captar a futuros/as estudantes para a ETSNM.

As persoas que queiran participar deberán acceder ao formulario que será publicado na páxina web da ETSNM e completar os seguintes datos por cada futuro/a estudante captado/a:

  • O seu nome e apelidos, correo electrónico e número de teléfono.
  • O nome e apelidos do/a posible futuro/a estudante do GNM ou GNTM.
  • Grao no que é posible que se matricule.

A persoa gañadora será a que maior número de estudantes capte para as titulacións de grao impartidas na ETSNM.

No caso que haxa empate entre as persoas participantes, para decidir os premios, teranse en conta os seguintes criterios de desempate:

  • Aquela que teña un maior número de estudantes captados/as na titulación de grao con menos volume de matrícula no curso 2024/2025.
  • Aquela que teña un maior número de estudantes captadas mulleres, por ter unha representación minoritaria con respecto aos homes nas titulacións da ETSNM.
  • Aquela que teña o/a futuro/a estudante coa nota media do expediente académico máis alta.

Esta actividade estará aberta ata que se publique a última lista de prescrición de matrícula para o acceso á Universidade. Os premios entregaranse unha vez rematados todos prazos de matrícula, outubro 2024.

A ETSNM notificará ás persoas gañadoras a resolución do premio a través dos medios de contacto facilitados ao darse de alta no formulario web.

Os premios concederanse entre os participantes que, durante o curso 2023/2024, capten o maior número de futuros estudantes, e serán financiados con cargo á partida orzamentaria 640A.422D.480.02. Os premios están suxeitos ás retencións que legalmente correspondan. A convocatoria e toda a información e fases difundiranse, entre outros medios, na páxina web da ETSNM.

  • Primeiro premio será de 150 €.
  • Segundo premio será de 100 €.
  • Terceiro premio será de 50 €.

A comisión avaliadora estará constituída polos seguintes membros:

  • Presidente/a: Director/a da ETSNM, Manuel Romero Gómez.
  • Secretario/a: Secretario/a da ETSNM, Antonio Enrique Masdías Bonome.
  • Vogal: Coordinador/a do GMN, Javier Romero Gómez.
  • Vogal: Coordinador/a do GNTM, Natividad López López.

A participación nesta acción supón a aceptación das presentes bases na súa totalidade. En consecuencia, calquera manifestación de non aceptación implica a exclusión da persoa participante.

Embaixadores/as da ETS de Náutica e Máquinas 2023/2024

Iván García, Marta Torres e Eva Bugarín son os primeiros embaixadores da E.T.S. de Náutica e Máquinas da Unversidade dá Coruña.

Tras a campaña iniciada no curso 2023/2024, os tres estudantes levaron a cabo acciones para dar a coñecer a Escola e a súa oferta académica.

O primeiro premio, de 150 €, foi para Iván García; o segundo premio, de 100 €, Marta Torres; e o terceiro premio, de 50 €, para Eva Bugarín.

No vídeo, cóntannos que lles supón este recoñecemento; accións que levaron a cabo, e algún consello para os futuros embaixadores/as.

Vídeo embaixadores/as 2024