Nautical classroom

aula_nautica_7

A ETS de Náutica e Máquinas dispón dunha Aula Náutica, situada no Dique de Abrigo preto do edifico de Capitanía e Torre de Control de Salvamento Marítimo, con varias aulas para docencia e un pañol de embarcacións deportivas. Neste pañol atópase todo o material necesario para impartir as prácticas de supervivencia obrigatorias das materias de Seguridade Marítima do Grao en Náutica e Transporte Marítimo e para a materia Seguridade Marítima e Contaminación do Grao en Máquinas Navais. Entre outro material disponse do seguinte:

  • 20 traxes de inmersión
  • unha balsa salvavidas de 12 prazas
  • unha lancha tipo zodiac de 12 prazas cun motor de 40CV
  • un arnés para rescate con helicóptero
  • suficiente número de chalecos salvavidas para a realización das prácticas
  • un compresor de aire e aspirador
  • unha embarcación de vela tipo Fi55 (eslora 5,5 m; manga: 2,10 m, calado: 0,85 m e superficie vélica 15 metros cadrados).

Ademais, Deportes da UDC dispón de:

  • unha embarcación tipo zodiac con un motor de 40 CV
  • táboas de windsurf
  • cayaks
  • piraguas 
  • outro material lixeiro para a realización de actividades que a sección de Deportes da UDC leva a cabo nesta aula náutica.

aula_nautica_3