A disposición adicional quinta da Lei Orgánica 6/2001, do 23 de decembro, de universidades, dispón que as universidades poderán crear residencias universitarias de acordo co que dispoñan os seus Estatutos. O funcionamento destas residencias rexerase polos estatutos de cada universidade e a súa normativa interna propia.
Mediante resolución da secretaria xeral técnica da Consellaría de Traballo e Asuntos Sociais do 1 de xullo de 2013, outorgouse gratuitamente á Universidade da Coruña a concesión demanial por un ano, prorrogable por outro, do edificio ubicado na Rúa Sánchez Barcaiztegui, nº 28 (15401 Ferrol), para a posta en marcha dunha residencia universitaria durante o curso 2013-2014.
O presente regulamento ten por obxecto regular o réxime interno de funcionamento do servizo universitario de residencia no anterior edificio do Campus de Ferrol.
Artigo. 1.- Definición
A Residencia Universitaria Pública de Ferrol é unha residencia pública de carácter mixto que se rexe pola lexislación universitaria, os Estatutos da Universidade da Coruña (UDC) así como das normas de carácter interno da UDC.
Artigo 2. Finalidade
A Residencia Universitaria Pública de Ferrol ten por finalidade prestar o servizo de aloxamento ao estudantado e demais membros da comunidade universitaria.
Este Regulamento ten por obxecto asegurar a convivencia interna, a hixiene, a seguridade así como a tranquilidade do edificio e dos/as residentes, tanto nas zonas de uso privado como nas de uso común, e de maneira xeral a boa convivencia dos residentes e o normal funcionamento dos servizos comúns.
O presente Regulamento obriga e vincula xuridicamente a todos os residentes en canto usuarios/as da residencia.
Artigo 3. Dirección superior
A Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social Universitaria será responsable de exercer a superior dirección e supervisión do Centro.
Artigo 4. Xestión
A xestión ordinaria da Residencia estará ao cargo da Administración de Asuntos Económicos e Residencia Universitaria do Campus de Ferrol (UXAI-Esteiro), baixo a dirección da Vicerreitoría do Campus de Ferrol.
Artigo 5.- Funcións do/a Administrador/a:
Son funcións do/a Administrador/a:
Artigo 6.- Natureza e composición
O Consello de Residentes está integrado pola Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social Universitaria, ou persoa en quen delegue, polo/a Administradora/a, a e por catro representantes dos residentes. Exercerá a presidencia a Vicerreitora ou vicerreitor, e a secretaría o/a Administrador/a.
Artigo 7.- Representantes dos/as residentes.
Formarán parte do Consello de Residentes catro estudantes nomeados pola Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social a proposta dos residentes. O tempo de representación será o período que vai desde outubro a xullo.
Artigo 8.- Réxime de convocatorias e funcións.
O Consello de Residentes reunirase unha vez cada cuadrimestre/semestre, agás que algunha circunstancia especial aconsellase unha convocatoria extraordinaria.
Serán funcións do Consello de residentes:
Artigo 9.- Dereitos
Son dereitos dos residentes:
Artigo 10.- Deberes
Serán deberes dos residentes:
Artigo 11.- Servizos e equipamentos comúns
Os servizos, instalacións e equipamentos comúns da residencia son de uso persoal e exclusivo dos residentes. A Administración establecerá as normas de uso de ditos servizos e equipamentos comúns. Os residentes respectaran e coidarán os servizos, instalacións e equipamentos comúns nos lugares en que estean destinados e para o uso que foron concibidos e serán responsables últimos da súa correcta utilización debendo responder coas súas fianzas dos danos que puidesen ocasionar.
Artigo 12.- Cuartos
Asignación do cuarto: a ocupación ou cambios dos cuartos farase de acordo cos criterios establecidos pola Administración.
Mobiliario: o mobiliario e demais obxectos que forman parte do cuarto, non poderán ser cambiados de emprazamento sen a oportuna autorización da dirección do centro. Está prohibido a perforación de paredes e mobles.
Entrada no cuarto: O residente obrigase a permitir a entrada no seu cuarto nos seguintes casos:
Artigo 13.- Chave/tarxeta
Artigo 14.- Limpeza
Os residentes serán persoalmente responsables da limpeza do súa habitación. A Administración procederá regularmente a visitas técnicas do cuarto a fin de comprobar o seu estado de mantemento e limpeza. As datas das citadas visitas serán anunciadas cunha antelación mínima de sete días naturais mediante notificación por correo electrónico por parte da Administración. As visitas faranse sempre en presenza do/a residente. No caso de que no transcurso das repetidas visitas se detectasen defectos de mantemento ou limpeza, consignaranse nun informe que será remitido ao/a residente ou residentes ocupante/s da habitación en cuestión, con indicación do prazo no que deberán quedar reparados os defectos. O incumprimento deste prazo facultará á Administración para proceder por si mesma á reparación, con cargo ao/a ocupante ou ocupantes da habitación, sen prexuízo das consecuencias disciplinarias deste incumprimento.
Artigo 15.- Convivencia
Entre as 00:00 horas e as 8:00 horas respectarase o silencio nocturno en todo o centro e nos seus arredores, agás as actividades que teñan permiso expreso da Administración da residencia. Fóra do horario indicado, os residentes respectarán os dereitos dos membros e demais persoas vencelladas ao centro, evitando todo tipo de molestias.
Artigo 16.- Seguridade
O mal uso de calquera dos elementos que compoñan o sistema de seguridade da residencia (alarmas, extintores, lectores de tarxetas, etc.....) ou a inadecuada utilización das portas de emerxencia motivarán, ademais das sancións que puideran levar consigo, o abono dos custos de reparación, no seu caso.
Nos cuartos está prohibida a utilización de: bombas de gas ou de calquera líquido que poida resultar perigoso, fornelo ou aparatos eléctricos de alta potencia.
O persoal de seguridade e o persoal responsable do centro poderá pedir a identificación de calquera persoa que se atope no interior da residencia, e no caso de non identificarse ou se estea ocasionando algún dano, solicitar que abandone o centro ou sancionar dita conduta se é residente. Así mesmo poderá impedir a entrada ao centro de calquera persoa que con anterioridade fora expulsada ou cando haxa indicios de que a súa presenza poida dar lugar a molestias para os residentes.
Artigo 17.- Contravención do regulamento
O incumprimento do regulamento ou das ordes ou instrucións dos órganos do centro poderá ser obxecto de sanción, de conformidade co réxime establecido neste título.
Artigo 18.-Faltas leves e graves
Son faltas leves as seguintes:
Son faltas graves:
Artigo 19.- Tipos de sancións
As sancións que se lles poderán impoñer ós residentes poderá ser:
No caso de comisión de faltas leves
No caso de faltas graves:
Artigo 20. Procedemento sancionador
A adopción das medidas previstas no artigo anterior por faltas graves levarase a cabo necesariamente mediante o correspondente procedemento disciplinario descrito no seguinte artigo.
No caso de faltas leves, a Administración do centro poderá acordar a imposición da sanción, trala audiencia do interesado/a que deberá serlle notificada a este.
Artigo 21.- Desenvolvemento do procedemento por faltas graves
O procedemento disciplinario iniciarase de oficio, xa sexa por iniciativa propia ou ben por denuncia.
Na tramitación do procedemento disciplinario respectaranse escrupulosamente as garantías derivadas dos principios de audiencia e contradición, o dereito de defensa da persoa conta a que se dirixa e a separación entre a fase de instrución e a de sanción.
Facúltase o vicerreitor ou a vicerreitora con competencias no Campus de Ferrol para elaborar as normas complementarias precisas para interpretar e desenvolver este Regulamento.
O presente Regulamento entrará en vigor ao día seguinte da súa aprobación no Consello de Goberno de Universidade da Coruña.
A aceptación da praza na Residencia implica a absoluta conformidade coas normas establecidas no presente Regulamento.