Acordo sobre o recoñecemento dos sexenios de docencia dos profesores de ensino medio

A Comisión de Méritos docentes da Universidade da Coruña, reunida o día 14 de marzo de 2001, en función do aprobado na Xunta de Goberno ao respecto, e tendo en conta o informe emitido pola Asesoría Xurídica da Universidade da Coruña, coa cautela das posibles interpretacións que puidese facer a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria noutro sentido, interpretou a Disposición adicional segunda do Decreto 74/2000 onde se di:

"A los profesores de Cuerpos docentes no universitarios que accedan a los Cuerpos docentes universitarios se les asignará, cuando ingresen en estos últimos Cuerpos, una retribución del componente por méritos docentes del complemento específico de la misma cuantía que tengan reconocida por ese concepto en la función pública docente de la que prodedan.

Lo establecido en el párrafo anterior será de aplicación, asimismo, a los profesores procedentes de Cuerpos docentes no universitarios que, con anterioridad a la entrada en vigor del presente Real Decreto, han accedido a Cuerpos docentes universitarios".

no seguinte sentido:

  1. Recoñecer, á vista do certificado emitido pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, os sexenios de docencia recoñecidos en ensino medio, a retribución dos cales se estivese percibindo.
  2. Contabilizar e aboar os tramos de docencia de seis anos desenvolvidos en ensino medio, cumpridos antes de que entrase en vigor o convenio subscrito pola Consellería de Educación, debidamente certificados por dita Consellería e sempre que non fosen xa avaliados en méritos de docencia universitaria.
  3. Non recoñecer nin validar os anos "soltos", é dicir, aqueles que non formen tramos completos de seis anos, coa finalidade de unilos e completar quinquenios de docencia universitaria.
  4. Incorporación inmediata dos sexenios de docencia non universitaria recoñecidos dos profesores que accedan ao ensino universitario con Categoría de Numerarios, con efectos económicos do día da súa incorporación á Universidade.
  5. Esta retribución acumularase á que poidan ter recoñecida polas valoracións efectuadas conforme ao Decreto 1086/1989, ou que puidesen obter no futuro, sempre co límite fixado no apartado 5.9 do artigo 2 de que "en ningún caso, la cuantía anual del componente del complemento específico por méritos docentes ni la del complemento de productividad podrá exceder del resultado de superar favorablemente seis evaluaciones".
  6. A Comisión entende que os efectos económicos dos dous primeiros supostos, sempre que os profesores o solicitaran, han de referirse á data da publicación do Real Decreto 74/2000 no BOE (22/01/2000)