A Comunidade Autónoma de Galicia dispón a partir da Lei 11/1989, do 20 de Xullo, dun marco normativo de ordenación do seu propio sistema universitario, fundamentado na competencia plena que lle atribúe o art. 31 do seu Estatuto de Autonomía. Nesta lei contéñense determinacións concretas en orde á segregación de centros e servicios da Universidade de Santiago, que xa foron obxecto de traspaso pola Administración do Estado en virtude do Real Decreto 1754/1987, do 18 de decembro.
Tendo, pois, a Xunta de Galicia unha habilitación legal expresa para proceder á segregación de centros e servicios , cómpre levar a cabo esta actuación, co fin de que as novas Universidades da Coruña e Vigo, que creou a propia Lei 11/1989, poidan dispor de centros e servicios propios, e de recursos tanto materiais como persoais que lles permitan desenvolver axeitadamente as funcións propias da Universidade.
Na súa virtude, por proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de acordo favorable no Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, de acordo co regulado na Lei 5/1987, do 27 de maio, do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia, ena disposición adicional primeira, alínea 4º dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, oída a mesa sectorial das universidades, e logo da liberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de xaneiro de mil novecentos noventa.
Artigo 1º
1. Quedan segregados da Universidade de Santiago de Compostela e incorporados ás Universidades da Coruña e Vigo os seguintes centros propios e adscritos:
l) Centros propios e adscritos que se integran na Universidade da Coruña:
CENTROS PROPIOS:
Campus da Coruña
Campus de Ferrol
CENTROS ADSCRITOS:
Campus da Coruña
2) Centros propios e adscritos que se integran na Universidade de Vigo:
CENTROS PROPIOS:
Campus de Vigo
Campus de Ourense
Campus de Pontevedra
CENTROS ADSCRITOS
Campus de Vigo
Campus de Pontevedra
2. Así mesmo segréganse os seguintes centros e servicios de apoio á docencia e investigación:
l) Centros e servicios de apoio á docencia e investigación que se integran na Universidade da Coruña:
Campus da Coruña
2) Centros e servicios de apoio á docencia e investigación que se integran na Universidade de Vigo:
Campus de Vigo
Campus de Ourense
Campus de Pontevedra
Artigo 2º.-
1. Os bens e medios materiais e a súa infraestructura complementaria, adscritos á Universidade de Santiago, obxecto de segregación e entrega á Universidade da Coruña, son os que se relacionan e identifican singularmente no anexo 1 do presente Decreto.
2. Os bens e medios materiais e a súa infraestructura complementaria, adscritos á Universidade de Santiago, obxecto de segregación e entrega á Universidade de Vigo, son os que se relacionan e identifican singularmente no anexo II do presente Decreto.
3. Da segregación e entrega a que se fai referencia nas alíneas anteriores levantarase acta circunstanciada na que figurará no anexo extracto do inventario de bens da Universidade de Santiago onde figuren os segregados e, se é o caso, certificación rexistral da súa situación xurídica.
4. Polo que se refire os contratos e convenios en vigor, realizarase a sub-rogación automática na titularidade dos dereitos constituídos sobre os bens segregados, con mantemento do resto dos contidos materiais e obrigatorios daqueles, sen prexuício da denuncia facultativa dos correspondentes contratos e convenios.
Artigo 3º.-
l. O persoal docente da Universidade de Santiago de Compostela con destino actual nas cidades sede dos campus da Coruña e Ferrol que é obxecto de segregación é o que figura na relación nominal do anexo III do presente Decreto.
2. O persoal docente da Universidade de Santiago de Compostela con destino actual nas cidades sede dos Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra que é obxecto de segregación, é o que figura na relación nominal do anexo IV do presente Decreto.
3. O persoal de administración e servicios da Universidade de Santiago de Compostela con destino actual nas cidades sede dos campus da Coruña e Ferrol que é obxecto de segregación, é o que figura na relación nominal recollida no anexo I do presente Decreto.
4. O persoal de administración e servicios da Universidade de Santiago de Compostela con destino actual nas cidades sede dos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra que é obxecto de segregación, é o que figura na relación nominal recollida no axexo VI do presente Decreto.
5. O devandito persoal segregarase da Universidade de Santiago de Compostela e quedará integrado nos cadros de persoai das Universidades da Coruñaa e de Vigo con matemento de destino, se é o caso, na localidade na que viñan prestando os seus servicios. 0 persoal docente segregado integrarase na respectiva estructura departamental das cidades universitarias do xeito que definan as correspondentes normas estatutarias provisionais.
6. A todo o persoal segregado seralle respetada a totalidade dos dereitos que posúan no momento da súa segregación da Universidade de Santiago de Compostela.
7. O persoal funcionario de administración e servicios pertencente ás escalas propias da Universidade de Santiago de Compostela que pase a prestar servicios como persoal das novas universidades pasará na Universidade de Santiago á situación administrativa de servicios noutras Administracións públicas, con tódolos dereitos previstos na normativa vixente.
8. O persoal funcionario docente e o persoal funcionario de administración e servicios que pertenza a corpos ou escalas de funcionarios do Estado ou dos seus organismos autónomos e que pase a prestar servicios como persoal das Universidades da Coruña ou de Vigo pasará á situación administrativa de servicio activo nas novas Universidades, deixando de ter vinculación administrativa coa Universidade de Santiago.
9. Cando o persoal docente ou de administración servicios segregado sexa persoal contratado pola Universidade de Santiago realizarase unha sub-rogación empresarial automática nos dereitos e obrigas correspondentes a ela por parte da nova Universidade onde ese persoal pase a presta-los seus servicios.
Artigo 4º.-
1. Relación de vacantes de persoal docente, dotadas presupostariamente, correspondentes a postos de traballo nos centros e servicios obxecto de segregación, e que pasarán a depender da Universidade da Coruña, figuran como anexo VII do presente Decreto, con indicación da localidade de destino e área de coñecemento.
2. A relación de vacantes de persoal docente, dotadas presupostariamente, correspondentes a postos de traballo nos centros e servicios obxecto de segregación, e que pasarán a depender da Universidade de Vigo, figuran como anexo VIII do presente Decreto, con indicación da localidade de destino e área de coñecemento.
3. A relación de vacantes de persoal de administración e servicios, dotadas presupostariamente, correspondentes a postos de traballo nos centros e servicios obxecto de segregación, e que pasarán a depender da Universidade da Coruña, figurarán como anexo IX do presente Decreto, con indicación das localidades de destino.
4. A relación de vacantes de persoal de administración e servicios, dotadas presupostariamente, correspondentes a postos de traballo nos centros e servicios obxecto de segregación, e que pasarán a depender da Universidade de Vigo, figurarán como anexo X do presente Decreto, con indicación das localidades de destino.
5. Os expedientes de oposicións e concursos convocados pola Universidade de Santiago, correspondentes ás prazas vacantes dotadas presupostariamente que se mencionan nos parágrafos anteriores, que se atopen pendentes de desenvolvemento á data de entrada en vigor do presente Decreto, serán resoltas pola Universidade convocante, a que manterá tamén a competencia para a resolución dos recursos que se interpoñan contra as mesmas resolucións. Antes da realización das probas ou desenvolvemento dos concursos, a Universidade convocante comunicaralles ós opositores ou concursantes as localidades de destino das vacantes convocadas.
Artigo 5º.-
l. O custo efectivo correspondente ós centros e servicios que se incorporan á Universidade da Coruña, segundo o presuposto da Universidade de Santiago para 1989, elévase con carácter definitivo a 1.304.279.132 pts., segundo detalle que figura no anexo XI.
2. O custo efectivo correspondente ós centros e servicios que se incorporen á Universidade de Vigo, segundo o presuposto da Universidade de Santiago para 1989, elévase con carácter definitivo a 1.857.153.749 pts., segundo detalle que figura no anexo XII.
3. O custo efectivo correspondente ós centros e servicios segregados da Universidade de Santiago despois de realizada a segregación, segundo o presuposto da Universidade de Santiago para 1989, elévase con carácter definitivo a 7.435.028.029 ptas., segundo detalle que figura no anexo XIII.
4. Na valoración do custo efectivo directo non se inclúen os complementos regulados no Real Decreto 1086/1989, de 28 de agosto xa que polo momento non se coñece a contía global nin individualizada deles mesmos.
5. A prórroga para 1990 dos presupostos xerais da Comunidade Autónoma galega para 1989, distribuirá a subvención que figura na aplicación presupostaria 07.04.322C.440.0, entre as tres Universidades en proporción ó custo efectivo en 1989.
6. Os presupostos da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 1990-96, recollerán como subvención incondicionado a que corresponda a cada Universidade en función do previsto no plan de financiamento das Universidades galegas.
Artigo 6º.-
1. A Universidade de Santiago dará traslado ás Universidades da Coruña e Vigo dos expedientes e da documentación administrativa e académica relativa ós medios persoais e materiais correspondentes ós centros e servicios segregados, no prazo máximo de tres anos.
2. A Universidade de Santiago seguirá tendo acceso á documentación correspondente a expedientes académicos xa concluídos nos centros obxecto de segregación, co obxecto de poder exerce-la súa potestade de certificación.
Artigo 7º.-
l. Os proxectos de investigación dirixidos por profesores segregados adscribiranse ás novas universidades, e procederase a instrumenta-las transferencias de crédito correspondentes entre a Universidade de Santiago e as da Coruña e Vigo.
2. Os bolseiros de investigación que desenvolvan traballos dirixidos por profesores segregados, adscribiranse ás correspondentes áreas dos departamentos das Universidades da Coruña e de Vigo, e procederase á correspondente transferencia de crédito e comunicarase o cambio ó organismo ou institución que convocou e concedeu a bolsa. En calquera caso, garantirase mediante o establecemento dos oportunos convenios a continuidade das respectivas tesis doutorais nas condicións inicialmente establecidas.
3. Polo que ser refire ós convenios e contratos de investigación asinados pola Universidade de Santiago e que se refiran a traballos dirixidos por profesores segregados, producirase unha subrogación automática das novas universidades na posición que ocupaba a Universidade de Santiago como parte asinante naqueles convenios ou contratos, garantíndose a súa continuidade.
NOTA: Os anexos figuran publicados nos DOG n.º 19, do 26 de xaneiro e DOG n.º 22 do 31 de xaneiro coas correccións de erros nos seguintes DOG n.º 35 do 19 de febreiro de 1990; n.º 44 do 2 de marzo de 1990, n.º 103 do 29 de xuño de 1990; n.º 131 do 5 xullo de 1990; n.º 164 do 22 de agosto de 1990 e n.º 17 do 24 de xaneiro de 1991