A UDC pon en marcha a iniciativa “O Recuncho Singular” co obxectivo de difundir o patrimonio documental da institución 

Press release

10/9/25 9:48 AM

  • Institutional
  • Trátase dunha exposición virtual a través da que se poderán coñecer documentos sobranceiros e excepcionais que forman parte dos fondos da Universidade da Coruña

 

A Coruña, 9 de outubro de 2025.- O Servizo de Rexistro, Documentación e Arquivo (SRDA) da Universidade da Coruña pon en marcha unha iniciativa para dar a coñecer de forma aberta e sinxela o patrimonio documental co que conta a institución coruñesa. O obxectivo é trasladar tanto á comunidade universitaria como á cidadanía o valor destes fondos (pergameos medievais, mapas antigos, primeiros expedientes de escolas como Náutica e Comercio,...).

 

Así, baixo o título “O Recuncho singular” lánzase unha exposición virtual que acolle nunha primeira fase 16 títulos, actualmente custodiados polo Centro de Documentación e Arquivo (CEDAR), a unidade especializada no tratamento e xestións destes fondos.

 

Ademais do acceso á reprodución dixital dos documentos, ofrécese unha breve nota sobre cada obra e a contorna na que se produce, así como a ligazón a Galiciana, onde se poderá consultar a súa descrición técnica.

 

Visita O Recuncho Singular premendo aquí.

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC