O profesor Juan José Galán, que imparte a materia “Ciencia para os Cidadáns de Hoxe” no Campus da Coruña da Universidade Sénior, o programa universitario para maiores da Universidade da Coruña, participa entre o 4 e o 8 de xuño na terceira das mobilidades para a aprendizaxe no marco do Proxecto Erasmus+ KA204 nomeado “TIC Tac +55 - Técnicas de Aprendizaxe Combinadas no ensino das TIC para persoas maiores de 55 anos”.
No proxecto “TIC Tac +55” participan un consorcio de Programas Universitarios para Maiores do estado español (A Coruña, Alicante, Castellón, Málaga e Salamanca), liderados pola UMA. A través das mobilidades, docentes destes cinco programas universitarios coñecerán diferentes recursos e metodoloxías que fomenten a aprendizaxe de competencias dixitais no alumnado adulto e maior. Como resultado, será elaborado, de xeito colaborativo polos participantes, un manual e serán desenvolvidos obradoiros e conferencias nas institucións participantes para a divulgación dos principais aspectos traballados.
Esta terceira mobilidade ten lugar en Budapest (Hungría) cun curso titulado "ICT supported Innovation and Creativity Workshop for Teachers and Trainers".
Published by: Universidade Senior