Bolsas Internacional Igape

7/19/24 12:47 PM

Aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 22 de xullo

O Igape convoca 50 prazas para formación e prácticas en internacionalización empresarial.

O programa busca formar especialistas no ámbito da internacionalización empresarial a través de formación práctica nas Oficinas Comerciais e Económicas, tanto no estranxeiro como en Galicia.

Os mozos e mozas realizarán labores de investigación de mercados, estudos de empresas e a súa planificación para internacionalización e investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras:

  • Duración: 1 ou 2 anos
  • Destinos en 25 países
  • Alta empregabilidade

A convocatoria vai dirixida a persoas menores de 35 anos, con titulación universitaria superior, e achegará formación práctica en internacionalización que se poderá levar a cabo no estranxeiro e ou en Galicia, en entidades e organismos oficiais relacionados coa
internacionalización empresarial.

Os países en que os seleccionados completarán a súa formación no estranxeiro inclúen novos mercados internacionais, algúns deles de interese estratéxico para o tecido empresarial galego. Así, os bolseiros terán como posibles destinos, entre outros, Bogotá, Casablanca, Chicago, Dubai, Dusseldorf, Johannesburgo, Kuala Lumpur, Lima, México, Miami, Montevideo, Oslo, Ottawa,
Roma, Seúl, Singapur, Tokio, Varsovia ou Yakarta.

Prazo aberto ata o 22 de xullo.

 

Máis información e solicitudes

Published by: Facultade de Turismo