Se estades a pensar en realizar unha mobilidade internacional durante o curso 2026/2027, non debedes perder a charla informativa que organiza a Oficina de Relacións Internacionais o xoves, 30 de outubro, ás 13:30 na aula 2.7.
A sesión será impartida por Bruno Casal Rodríguez, Adxunto de Movilidad e Convenios do Vicerreitorado de Internacionalización e Titulacións, quen explicará os distintos programas dispoñibles, os requisitos de participación e o procedemento de solicitude para:
Ademais, algúns/as estudantes que xa gozaron dunha estancia internacional compartirán a súa experiencia e consellos prácticos.
É moi importante vosa asistencia se estades interesados/as en participar nalgunha das convocatorias de mobilidade.
Doutra banda, lembrade que o prazo para inscribirse nas probas de nivel lingüístico do Centro de Linguas finaliza o 27 de outubro. Estas probas son necesarias para acreditar o nivel de idioma nas convocatorias de mobilidade.
Published by: Facultade de Turismo