A Coruña, 13 de decembro de 2022.- Máis dun centenar de profesionais na ciencia que estuda os cambios climáticos do pasado (Paleoclimatoloxía) e outras disciplinas próximas, refrendan un manifesto (ver declaración ao final do texto) no que amosan o seu malestar co Ilustre Colegio Oficial de Geólogos “por dar cabida a publicacións carentes de rigor científico”.
Os profesionais que subscriben o manifesto son investigadores e investigadoras activos en universidades e centros de investigación de toda a xeografía española, e algúns estranxeiros, que posúen unha dilatada traxectoria científica no campo da Paleoclimatoloxía ou ámbitos próximos, como acredita a información vinculada ao código ORCID xunto á súa sinatura. Os expertos asinantes lamentan a difusión do artigo publicado polo Ilustre Colegio Oficial de Geólogos, e asinado por Enrique Ortega Gironés, no que “sen fundamentos científicos, utilízase a Xeoloxía como ferramenta para alimentar un decadente negacionismo á responsabilidade humana no actual cambio climático”, visión que non ten fundamento científico.
No manifesto, estes investigadores e investigadoras amosan o seu “total desacordo con esta clase de incidentes que van en detrimento da comunicación científica”, e esgrimen que a difusión deste tipo de artigos é particularmente delicada e un acto de irresponsabilidade profesional cando se realiza desde “un corpo colexiado responsable de poñer en valor a experiencia profesional do seu ámbito”. E engaden que “o coñecemento científico xorde das evidencias en forma de datos e un rigoroso proceso de avaliación e revisión, e en ningún momento é escusable amparar a diversidade de opinión cando esta non se exerce desde unha experiencia profesional e con datos científicos obxectivos que a avalen”. O número de profesionais da Paleoclimatoloxía e disciplinas afíns que subscriben este manifesto segue medrando xa que o manifesto completo segue dispoñible para aqueles científicos e científicas que o queiran refrendar.
Entre os expertos consultados directamente atópase o investigador Ramón y Cajal do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da UDC, Armand Hernández, así como Blanca Ausín, da Universidade de Salamanca; Isabel Cacho, Universitat de Barcelona; Antonio García-Alix, Universidad de Granada; Olga Margalef, Universitat de Barcelona e Ana Moreno, IPE-CSIC.
Estes científicos subliñan que o coñecemento científico debidamente contrastado por múltiples liñas de observación e validado por expertos permite afirmar que:
Estes expertos propoñen dúas reflexións adicionais:
En ambos os dous casos é necesario un diagnóstico por expertos baseándose na ciencia”.

Declaración de xeólogos, xeólogas e outros profesionais no ámbito da paleoclimatoloxía (*)
“Co presente escrito queremos manifestar o noso malestar co Ilustre Colegio Oficial de Geólogos por dar cabida a publicacións carentes de rigor científico no ámbito da paleoclimatoloxía. Entendemos que o compromiso dun órgano colexiado debe sempre dirixirse cara á rigorosidade profesional do ámbito que representa, difundindo o coñecemento en base á experiencia profesional do seu colectivo.
O coñecemento científico xorde das evidencias en forma de datos e un rigoroso proceso de avaliación e revisión, e en ningún momento é escusable amparar a diversidade de opinión cando esta non se exerce desde unha experiencia profesional. A falta de rigorosidade científica desacredita e dana a reputación dos profesionais do ámbito, e por isto non debería estar avalada por un colexio profesional. Hai un enorme consenso científico sobre a orixe antropoxénica do cambio climático que vivimos e difundir falsidades ao respecto desde un colexio profesional é unha gran irresponsabilidade para coa sociedade.
En definitiva, queremos aquí manifestar o noso desacordo co texto publicado e asinado por Enrique Ortega Gironés polo seu carente carácter científico, e como profesionais no ámbito da paleoclimatoloxía, subliñar que en nada representa o coñecemento dos profesionais que investigan activamente no ámbito do cambio climático.
(*) A lista de profesionais inclúe o código ORCID que permite verificar que se trata de científicos profesionais no ámbito da paleoclimatoloxía.

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC