A Coruña, 17 de setembro de 2025.– O Comité Comité de Ética da Investigación e a Docencia (CEID) vén de modificar os seus cargos de Presidencia e Vicepresidencia, que pasan a ser ostentados por Miguel Ángel Talavera e Luisa Losada, respectivamente, en substitución de Laura Cruz López e Francisco Alonso.
O Comité de Ética, creado en 2017, conta con acreditación da Consellería de Sanidade e en maio deste mesmo ano aprobou o seu novo regulamento.
O CEID é un órgano colexiado, permanente, interdisciplinar, independente e de carácter consultivo, creado co obxectivo de avaliar e garantir a adecuación ética, metodolóxica e legal da investigación e a docencia na universidade, así como de promover a integridade científica e académica.
O ámbito de actuación do CEID abrangue os grupos e centros de investigación, así como os centros propios da UDC e aqueles nos que a universidade participe ou estean adscritos a ela. O seu labor esténdese tamén ás actividades do persoal investigador e á comunidade universitaria no seu conxunto, velando pola integridade científica e académica do estudantado, persoal docente e investigador, técnico, de xestión, de administración e servizos, contratado en tarefas de investigación ou con responsabilidades de dirección e xestión.
Entre as funcións do CEID destacan a emisión de informes sobre a adecuación ética dos proxectos de investigación antes da súa execución, o asesoramento en aspectos éticos vinculados á docencia, a elaboración de protocolos e códigos de boas prácticas, a resposta a consultas sobre cuestións éticas e a promoción da ética como criterio de calidade e profesionalidade.
Está adscrito á vicerreitoría con competencias en investigación e transferencia e terá unha composición interdisciplinar e plural, con representación das distintas ramas de coñecemento.
A súa composición actual está conformada por un equipo interdisciplinar de 15 persoas de diferentes perfís:
Presidencia: Miguel Ángel Talavera Valverde (Doutor en Ciencias da Saúde. Terapeuta ocupacional).
Vicepresidencia: Luisa Losada Puente (Doutora en Ciencias da Educación. Grao en Educación Social).
Secretaría: María Pérez Sánchez (Doutoranda UDC. Grao en Educación Primaria).
Vice-Secretaría: Christoph Rudolf Scheinmoser (Doutor en Dereito. Grao en Dereito).
Vogalías:
Óscar Miguel Álvarez-Calderón Iglesias (Doutor en Investigación e Desenvolvemento. Grao en Medicina).
Angélica Consuegra Vanegas (Grao en Medicina. Externa á UDC)
Carmen De Labra Pinedo (Doutora en Psicoloxía da Saúde. Licenciada en Psicoloxía).
Kenia Espiñeira González (Doutora en Ciencia Política. Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración).
Ana Lista Paz (Doutora en Saúde, Discapacidade e Dependencia. Grao en Fisioterapia).
Noelia Martínez Doallo (Doutora en Dereito. Licenciada en Dereito).
Lucía Núñez Fernández (Doutora en Farmacoloxía e Terapéutica Humana. Grao en Medicina).
Teresa-Rosalía Pérez Castro (Doutora en Ciencias da Saúde. Grao en Enfermaría).
Miguel Ángel Saavedra García (Doutor en Fundamentos da Motricidade Humana e do Rendemento Deportivo. Licenciado en Educación Física)
María Teresa Seoane Pillado (Doutora en Ciencias da Saúde. Licenciada en Matemáticas).
José Antonio Seoane Rodríguez (Doutor en Dereito e Experto en Bioética Sanitaria. Grao en Dereito).
Published by: Gabinete de Comunicación da UDC