Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, 170 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2023, do alumnado universitario matriculado no curso 2022/23 nalgunha das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia (código de procedemento ED416A).
As actividades para as cales se solicita a axuda terán que ser realizadas presencialmente no período comprendido, exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2023, ambos incluídos.
A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.000 euros.
Convocatoria publicada no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230109/AnuncioG0655-211122-0002_gl.pdf
Web co detalle do procedemento e máis información:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED416A&ano=2023&numpub=1&lang=gl
Correo electrónico para consultas:
Published by: Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria