V Congreso Internacional SOCANTUR

11/11/24 1:45 PM

Ampliado o prazo de entrega de comunicacións ata o día 9 de novembro.

O V Congreso Internacional de Socioloxía e Antropoloxía do Turismo - SOCANTUR terá lugar en 2025 na cidade da Coruña e xa está aberta a presentación de propostas de comunicacións ata o 09 de decembro de 2024. SOCANTUR é un punto de encontro e debate para sociólogos/as, antropólogos/as e membros doutras disciplinas sociais que traballan no ámbito académico, institucional, empresarial ou na sociedade civil organizada. O Congreso busca comprender as complexas conexións sociais e ambientais que inflúen no turismo, promovendo prácticas de xestión responsables e sostibles.

Esta edición está organizada pola Facultade de Socioloxía e a Facultade de Turismo da Universidade da Coruña (UDC), en colaboración co Grupo de Estudos Territoriais (GET).

O V Congreso SOCANTUR organízase a partir de diferentes Grupos de Traballo (https://socantur.com/grupos-trabajo). Quenes estean interesados en participar no Congreso presentando unha comunicación, haberán de circunscribila a un deles. Participación: Convídase a sociólogos/as, antropólogos/as, profesionais e estudosos do turismo, estudantes e, en xeral, expertos/as doutras disciplinas afíns a presentar propostas de comunicación. SOCANTUR é un evento estritamente presencial, promovendo un espazo activo de discusión e análise. Non se contempla a modalidade híbrida nin en liña, polo que non se aceptarán comunicacións que non poidan ser presentadas persoalmente polos seus autores/as.

 

Datas importantes:

27/09/2024-Call for papers 02/12/2024

09/12/2024-Límite para o envío de comunicacións a través da plataforma

18/12/2024-Comunicación da aceptación ou rexeitamento de comunicacións

20/12/2024-Apertura prazo inscrición

31/01/2025-Data máxima de inscrición con reducción de prezo

28/02/2025-Límite para a inscrición no congreso de autores con comunicación aceptada

21/03/2025-Publicación do Programa definitivo do Congreso

10/05/2025-Límite de data de inscrición tarifa xeral

 

Para máis información visite a páxina oficial do Congreso (https://socantur.com/) ou contacte ao enderezo electrónico (congreso.socantur@udc.es).

 

Redes sociais:

Instagram: https://www.instagram.com/socantur_/

Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=61568744938597

Twitter/X: https://x.com/socantur

 

flyer congreso SOCANTUR

 Folleto congreso SOCANTUR  Plantilla comunicaciones

Published by: Facultade de Turismo