Presentación

O compromiso da UDC coa mellora da empregabilidade do seu alumnado egresado xerou unha crecente demanda de datos de calidade sobre a súa transición ao mercado de traballo. Para darlle resposta a esa demanda, o Observatorio Ocupacional da UDC publica anualmente os resultados do seu estudo de inserción laboral. Este estudo céntrase na cohorte do curso anterior, é dicir, analiza a inserción do alumnado egresado de grao e máster un ano despois da súa saída. Unha das virtudes fundamentais deste estudo é que persegue xerar non só una mostra representativa a nivel do conxunto da Universidade, senón tamén a nivel de cada unha das titulacións.

Desde o Observatorio Ocupacional da UDC esperamos que este informe xeral que aquí presentamos lle achegue informacións útiles a toda a comunidade da UDC. Ao estudantado e futuro estudantado, os datos que se recollen poderían axudalo a tomar decisións máis informadas sobre o seu futuro profesional. Ás facultades e os departamentos, e, en xeral, a todos os organismos unipersoais e colectivos da UDC que teñen algún papel no deseño das titulacións, poderían facilitarlles a tarefa de expor medidas encamiñadas á mellora da empregabilidade do alumnado unha vez titulado.

Introdución

Neste informe preséntanse os datos de inserción laboral do estudantado do Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito da UDC que finalizou os seus estudos no curso 2023/24. A finalidade básica do informe é ofrecer información útil para a mellora das medidas encamiñadas a asegurar a súa empregabilidade. Os obxectivos específicos do informe son os seguintes:

  1. Coñecer o nivel de inserción laboral do alumnado egresado.
  2. Analizar algunhas características do emprego dese alumnado, como, por exemplo, as formas contractuais, os tipos de xornada, os niveis de remuneración, a adecuación do posto á cualificación etc.
  3. Observar a mobilidade xeográfica do alumnado egresado.
  4. Captar o nivel xeral de satisfacción co emprego obtido.

Metodoloxía e ficha técnica

O estudo realizouse mediante a administración dun cuestionario deseñado a partir dos traballos anteriores do Observatorio Ocupacional, así como das recomendacións da Rede de Observatorios de Emprego das universidades españolas.

A poboación que é obxecto de estudo defínese como o total de alumnado egresado de titulacións de grao e máster da Universidade da Coruña no curso 2023/24. É dicir, a poboación atópase, no momento do estudo, a unha media de 12 meses da data da súa finalización dos estudos.

O universo está composto por 3356 alumnos/as egresados da UDC (2216 de grao e 1140 de máster). Co obxectivo de obter mostras representativas a nivel de titulación, calculouse un tamaño da mostra para cada unha delas. O sumatorio destas mostras de titulación xerou unha mostra total de 1845 egresados/as do grao e 880 de máster. Cun nivel de confianza do 95%, estas mostras nos permiten realizar estimacións para o conxunto dos titulados de grao cunha marxe de erro do 0,96%; e para o conxunto da poboación de egresados de máster cunha marxe de erro do 1,58%.

A mostra de cada titulación calculouse coa fórmula habitual:

\[ n = \frac {{N}\frac{Z^2p(1-p)}{e^2}} {\frac{Z^2p(1-p)}{e^2}+N-1} \]

Onde N é o total de estudantado egresado da titulación durante o curso 2023/24, p = 0,5, o valor de Z é o correspondente ao nivel de confianza do 95 % (1,96), e o valor de e responde á marxe de erro do 3 % (0,03). Tras o traballo de campo, o tamaño da mostra finalmente obtida foi de 2725 alumnos/as (1845 de grao e 880 de máster).

Na seguinte táboa pode observarse o universo do estudantado egresado de grao, a mostra finalmente obtida en cada unha das titulacións e a marxe de erro para cada unha delas. A marxe de erro calculouse aplicando o factor de corrección para poboacións finitas.

Táboa 1: universo, mostra e marxe de erro dos graos
Estudo Universo Mostra Marxe de erro
Grao en Administración e Dirección de Empresas 107 87 4.6%
Grao en Arquitectura Técnica 32 27 7.6%
Grao en Bioloxía 52 46 5.0%
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos 31 26 7.8%
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte 118 100 3.8%
Grao en Ciencias Empresariais 36 32 5.9%
Grao en Comunicación Audiovisual 69 57 5.5%
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos 57 50 4.9%
Grao en Dereito 118 89 5.2%
Grao en Economía 46 41 5.1%
Grao en Educación Infantil 123 103 3.9%
Grao en Educación Primaria 130 108 3.9%
Grao en Educación Social 79 69 4.2%
Grao en Enfermaría 112 92 4.3%
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto 67 60 4.1%
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas 18 16 8.4%
Grao en Enxeñaría Eléctrica 11 10 9.8%
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática 21 20 4.9%
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais 12 11 8.9%
Grao en Enxeñaría Informática 212 184 2.6%
Grao en Enxeñaría Mecánica 26 23 7.1%
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica 11 11 0.0%
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios 12 9 17.1%
Grao en Estudos de Arquitectura 68 54 6.1%
Grao en Fisioterapia 59 47 6.5%
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios 5 4 24.5%
Grao en Humanidades 2 1 98.0%
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios 27 20 11.4%
Grao en Logopedia 54 49 4.3%
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía 23 20 8.1%
Grao en Náutica e Transporte Marítimo 32 22 11.9%
Grao en Paisaxe 1 1 NA%
Grao en Podoloxía 41 32 8.2%
Grao en Química 27 22 9.2%
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos 70 52 6.9%
Grao en Socioloxía 58 45 7.0%
Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil 13 13 0.0%
Grao en Tecnoloxías Mariñas 9 5 31.0%
Grao en Terapia Ocupacional 31 28 5.9%
Grao en Turismo 49 35 8.9%
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación 9 6 24.5%
Grao en Xestión Industrial da Moda 53 47 4.9%
Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito 33 27 8.2%
Programa de Simultaneidade do Grao en Bioloxía e o Grao en Química 6 4 31.0%
Programa de Simultaneidade do Grao en Enxeñaría Mecánica e Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica 5 4 24.5%
Programa de Simultaneidade do Grao en Español e o Grao en Galego e Portugués 3 3 0.0%
Programa de Simultaneidade do Grao en Español e o Grao en Inglés 21 20 4.9%
Programa de Simultaneidade do Grao en Galego e Portugués e o Grao en Inglés 1 1 NA%
Programa de Simultaneidade do Grao en Turismo e o Grao en Ciencias Empresariais 16 12 14.6%

O traballo de campo consistiu na realización de entrevistas telefónicas asistidas por computador entre o 14 e o 23 de xullo de 2025 e foi realizado pola empresa de estudos de mercado e enquisas Ideara S.L. O tratamento dos datos de contacto do estudantado egresado regulouse mediante un contrato de tratamento de datos persoais entre a UDC e a empresa, de acordo coa normativa vixente.

O protocolo de contactos para a realización da enquisa prevía un mínimo de tres intentos de contacto en horas e días distintos por cada persoa seleccionada de maneira aleatoria, antes de descartar esa persoa de forma definitiva para a súa inclusión na mostra.

O número de egresados e/ou de egresados enquisados nalgunhas titulacións é baixo, o que non permite estimacións adecuadas. Ademais, mostras tan reducidas poderían permitir a identificación das persoas a partir das respostas, polo que se decidiu seguir o criterio establecido nos informes de anos anteriores e non elaborar informe detallado para aquelas titulacións cunha mostra inferior a 10, aínda que os datos destas titulacións si computan nos cálculos globais da UDC e nos referidos a cada rama de coñecemento.

Indicadores de inserción laboral

Nesta sección preséntanse os datos de inserción laboral dos estudantado titulado do Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito. Seguindo as definicións habituais, enténdese por activos/as o conxunto do alumnado egresado que, no momento da entrevista, ben declara ter un emprego por conta propia ou allea, ben declara estar a buscar traballo de forma activa. Son inactivos/as, por tanto, o grupo daquel estudantado egresado que, no momento da entrevista, non tiña emprego nin o buscaba activamente. Considéranse ocupados/as aqueles e aquelas estudantes que, no momento da enquisa, declaran ter un traballo por conta allea ou exercer unha actividade por conta propia. Os parados e as paradas son quen declarou na enquisa non ter, pero estar a buscar activamente, un emprego.

Podemos estimar a inserción laboral dos egresados e das egresadas, empregando os datos da nosa mostra, mediante as seguintes taxas:

  1. A taxa de actividade defínese como o cociente entre o total de estudantado egresado enquisado activo e o total de estudantado egresado enquisado.
  2. A taxa de emprego defínese como o cociente entre o total de estudantado egresado enquisado ocupado e o total de estudantado egresado enquisado.
  3. A taxa de paro defínese como o cociente entre o total de estudantado egresado enquisado en paro e o total de estudantado egresado enquisado activo.

Para facilitar a interpretación dos datos:

  1. Compáranse os resultados cos obtidos para o conxunto do alumnado egresado de grao da UDC e para o conxunto do alumnado egresado da mesma rama de coñecemento á que pertence o grao, é dicir, Ciencias Sociais e Xurídicas.
  2. Preséntanse sempre os datos desagregados por sexo.
  3. Incorpóranse os intervalos de confianza para a proporción estimada, tendo en conta o tamaño da mostra obtida. Estes intervalos calcúlanse coa fórmula habitual e aplicando o factor de corrección de poboacións finitas:

\[ p \pm Z {\sqrt{ \frac {p(1-p)}{n}}} \frac {N-n}{N-1} \]

Figura 1: taxa de actividade, de emprego e de paro do estudantado egresado de grao

taxa de actividade, de emprego e de paro do estudantado egresado de grao

Ver datos aquí

Para valorar adecuadamente estas taxas, e especialmente a taxa de actividade, é importante considerar que nalgunhas titulacións a continuación dos estudos é obrigatoria ou altamente recomendada para o exercicio da profesión e que, ademais, existen titulacións nas cales é máis frecuente a formación de profesionais que orientarán a súa carreira cara á función pública. Por iso, é importante contextualizar a interpretación da taxa de inactividade e coñecer as razóns polas que o estudantado egresado inactivo non buscan un emprego. A seguinte figura presenta as razóns polas que as persoas inactivas do Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito non buscan activamente un emprego.

Figura 2: motivos polos que o estudantado titulado de grao inactivo non busca emprego

motivos polos que o estudantado titulado de grao inactivo non busca emprego

Ver datos aquí

Características do emprego

Relación entre ocupación e estudos

Distribución nos grandes grupos ocupacionais

Co obxectivo de analizar as ocupacións das egresadas e dos egresados, preguntouse na enquisa cal era a ocupación que se desempeñaba no momento da entrevista. Esta ocupación, posteriormente, reclasificouse conforme as categorías da clasificación nacional de ocupacións (CNO-11). No seu nivel de xeneralización máis alto, a CNO-11 distingue entre os seguintes grandes grupos ocupacionais:

  1. Directores/as e xerentes/as
  2. Profesionais científicos/as e intelectuais
  3. Técnicos/as e profesionais de nivel medio
  4. Persoal de apoio administrativo
  5. Traballadores/as de servizos e vendedores/as de comercios e mercados
  6. Agricultores/as e traballadores/as cualificados/as agropecuarios/as, forestais e pesqueiros/as
  7. Oficiais, operarios/as e artesáns/artesás de artes mecánicas e doutros oficios
  8. Operadores/as de instalacións e máquinas e ensambladores/as
  9. Ocupacións elementais
  10. Ocupacións militares

A continuación, pode observarse a distribución do estudantado egresado do Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito nestes grandes grupos ocupacionais.

Figura 3: distribución do estudantado egresado de grao ocupado nos grandes grupos ocupacionais

distribución do estudantado egresado de grao ocupado nos grandes grupos ocupacionais

Ver datos aquí

Adecuación profesional da ocupación

A CNO-11 herda da clasificación internacional uniforme de ocupacións CIUO-08 unha estrutura xerárquica baseada no nivel de competencias requiridas para cada grupo ocupacional, en que se distingue entre catro niveis, por orde crecente. O nivel de competencias defínese como unha medida da complexidade e diversidade das tarefas que se realizan nunha ocupación.

Os niveis de competencias de cada ocupación asígnanse en función de distintos compoñentes: a natureza do traballo en relación coas tarefas que o caracterizan, o nivel de instrución formal necesaria para desempeñar as tarefas e a cantidade de formación no emprego ou a experiencia previa que se consideran necesarias.

As ocupacións do nivel de competencias 1 xeralmente requiren a realización de tarefas físicas manuais, simples e rutineiras. Con respecto ao nivel de educación que cómpre, poderíase esixir o ciclo completo de educación primaria ou o primeiro ciclo de educación básica.

As ocupacións do nivel de competencias 2 requiren tarefas como operar maquinaria e equipos electrónicos, conducir vehículos, manter e reparar equipos eléctricos e mecánicos, e manexar e almacenar información. Neste nivel é preciso contar con competencias como a comprensión lectora ou a capacidade de redactar informes, ademais dun alto nivel de destreza manual. O nivel de competencia 2, xeralmente, obtense co primeiro ciclo de educación secundaria, que pode incluír algún elemento de formación profesional especializada.

As ocupacións do nivel de competencias 3 implican o desempeño de tarefas técnicas e prácticas complexas que requiren un conxunto de coñecementos específicos nunha área especializada. En xeral, estas ocupacións requiren un alto nivel de educación: as habilidades necesarias xeralmente obtéñense despois de completar os estudos nunha institución de educación superior, logo de completar a escola secundaria, por un período dun a tres anos.

Finalmente, as ocupacións do nivel de competencias 4 poden supoñer o desempeño de tarefas que comporten tomar de decisións e resolver problemas complexos utilizando amplos coñecementos teóricos e prácticos nunha área. Estes labores xeralmente inclúen análises e investigación, a transmisión de coñecemento e o deseño de estruturas ou maquinaria. Con respecto á formación requirida, as competencias deste nivel adoitan obterse tras finalizar o nivel superior de educación e obter un diploma ou título superior. De feito, en moitos casos, as cualificacións formais son un requisito para acceder a ocupacións deste nivel de competencias.

Os grandes grupos ocupacionais 1, 2 e 3 da CNO-11 son os que requiren os niveis de competencias máis altos, isto é, en xeral, un nivel alto ou moi alto de instrución (os niveis 3 e 4 segundo a clasificación de competencias antes exposta). Por iso, podemos medir o grao de adecuación profesional do estudantado egresado mediante un cociente de adecuación ( CocAdec ) definido nos seguintes termos:

\[ CocAdec = \frac {\text{Alumnado egresado ocupado nos grupos ocupacionais 1, 2 e 3 da CNO-11}}{\text{Total de alumnado egresado ocupado}} \]

Os resultados obtidos neste nivel de adecuación profesional para o estudantado egresado do Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito son os seguintes:

Figura 4: cociente de adecuación da ocupación do estudantado egresado de grao

cociente de adecuación da ocupación do estudantado egresado de grao

Ver datos aquí

Autoemprego

Nun informe recente elaborado polo Observatorio Ocupacional da UDC que emprega datos do proxecto GUESSS, observouse que o 10,2 % das e dos estudantes da nosa universidade tiña a intención de crear a súa propia empresa ao final dos seus estudos (pode consultarse este estudo aquí. Resulta interesante comparar esa intención coa realidade un ano despois da data da súa saída da UDC. Na seguinte figura preséntase a porcentaxe do estudantado egresado do Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito ocupado que está autoempregado.

Figura 5: porcentaxe de estudantado ocupado por conta propia entre o estudantado egresado de grao ocupado

porcentaxe de estudantado ocupado por conta propia entre o estudantado egresado de grao ocupado

Ver datos aquí

Ocupación no sector público

Aínda que con frecuencia se insiste na importancia da estimulación do autoemprego, resulta de vital importancia que a universidade tamén forme profesionais capaces de contribuíren ao fortalecemento e ao bo funcionamento da nosa administración pública. Por iso, presentamos a seguir os datos que nos permiten estimar cal é a contribución do Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito a ese fortalecemento do sector público, mediante a formación de profesionais capaces de integrarse en empregos públicos.

Figura 6: porcentaxe de empregados/as públicos entre o estudantado egresado de grao ocupado

porcentaxe de empregados/as públicos entre o estudantado egresado de grao ocupado

Ver datos aquí

Estabilidade laboral no sector privado

Unha das principais dimensións da precariedade laboral é a inestabilidade contractual das persoas ocupadas. Para coñecer como afecta esta dimensión da precariedade ao alumnado titulado do Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito, presentamos na seguinte figura as porcentaxes de persoas traballadoras con contratos indefinidos, temporais, fixos discontinuos, formativos e irregulares entre os estudantado egresado de grao que está ocupados e traballa por conta allea no sector privado.

Figura 7: tipo de contrato do alumnado egresado de grao ocupado que traballa por conta allea no sector privado

tipo de contrato do alumnado egresado de grao ocupado que traballa por conta allea no sector privado

Ver datos aquí

Xornada laboral de quen ten unha ocupación por conta allea

Na seguinte figura preséntanse os datos relativos á xornada laboral do estudantado egresado de grao ocupado por conta allea da UDC, distinguindo entre aquel que está en empregos a xornada completa (30 horas semanais ou máis) e o que ten empregos a xornada parcial (menos de 30 horas semanais).

Figura 8: estudantado egresado de grao ocupados por conta allea a tempo completo e a tempo parcial

estudantado egresado de grao ocupados por conta allea a tempo completo e a tempo parcial

Ver datos aquí

Mobilidade

A mobilidade é un dos factores máis relevantes á hora de coñecer as características da transición á vida laboral das egresadas e dos egresados. Por unha banda, a capacidade dun territorio e as súas universidades de xeraren e reteren talento é fundamental; e, pola outra, a formación de profesionais capaces de desempeñar o seu labor en contextos afastados social, económica e culturalmente é tamén un indicador do éxito da institución.

Figura 9: mobilidade do estudantado egresado de grao ocupado

mobilidade do estudantado egresado de grao ocupado

Ver datos aquí

Ingresos

As remuneracións son probablemente o indicador máis obvio da calidade do emprego obtido. Por iso, púxose na enquisa unha pregunta para o estudantado egresado ocupado sobre as súas ganancias netas mensuais. As opcións de resposta que se ofrecían eran as seguintes:

  1. Menos de 500 €
  2. Entre 501 e 1000 €
  3. Entre 1001 e 1500 €
  4. Entre 1501 e 2000 €
  5. Entre 2001 e 2500 €
  6. Entre 2501 e 3000 €
  7. Entre 3001 e 3500 €
  8. Máis de 3500 €

Figura 10: ingresos do alumnado egresado de grao ocupado

ingresos do alumnado egresado de grao ocupado

Ver datos aquí


Como era de esperar, un ano despois da saída da universidade, os niveis salariais dificilmente chegan aos intervalos salariais máis altos. O valor do dato é, probablemente, comparativo: permítenos comparar a rapidez no acceso aos niveis salariais altos entre homes e mulleres e entre o estudantado egresado do Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito e o estudantado egresado da súa rama de coñecemento.

Satisfacción laboral

Por último, incorporouse unha pregunta relativa ao grao de satisfacción laboral das persoas ocupadas, nunha escala de 0 a 10.

O seguinte gráfico mostra a distribución das respostas do estudantado egresado ocupado do Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito á devandita pregunta. O diagrama de violín (violin plot) permítenos estudar a densidade das respostas, en tanto o diagrama de caixa (box plot) que se inclúe no interior nos achega a distribución dos cuartís. A liña descontinua indica a media da distribución.

Figura 11: satisfacción co emprego do estudantado egresado de grao ocupado

satisfacción co emprego do estudantado egresado de grao ocupado

Ver datos aquí

Anexo

Nesta sección preséntanse os resultados en bruto das respostas do alumnado egresado do Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito ás preguntas do cuestionario.

Táboa 2: cal é a túa situación laboral actual?
Homes Mulleres Total
UDC
Estou a traballar 544 658 1202
Non estou a traballar, pero busco emprego de forma activa 76 81 157
Non estou a traballar e non estou a buscar emprego 200 286 486
Total 820 1025 1845
Ciencias Sociais e Xurídicas
Estou a traballar 216 358 574
Non estou a traballar, pero busco emprego de forma activa 46 43 89
Non estou a traballar e non estou a buscar emprego 98 193 291
Total 360 594 954
Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito
Estou a traballar 8 6 14
Non estou a traballar, pero busco emprego de forma activa 0 0 0
Non estou a traballar e non estou a buscar emprego 5 8 13
Total 13 14 27

Táboa 3: cal é o motivo polo que non buscas traballo?
Homes Mulleres Total
UDC
Estou a preparar oposicións 53 125 178
Estou a realizar outros estudos 124 144 268
Outros motivos 23 17 40
Total 200 286 486
Ciencias Sociais e Xurídicas
Estou a preparar oposicións 42 114 156
Estou a realizar outros estudos 45 70 115
Outros motivos 11 9 20
Total 98 193 291
Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito
Estou a preparar oposicións 3 7 10
Estou a realizar outros estudos 2 1 3
Outros motivos 0 0 0
Total 5 8 13

Táboa 4: traballas por conta allea a tempo completo, a tempo parcial, ou es un/ha traballador/a autónomo/a ou empresario/a?
Homes Mulleres Total
UDC
Traballo por conta allea a tempo completo 429 447 876
Traballo por conta allea a tempo parcial 87 185 272
Son autónomo/a ou empresario/a 28 26 54
Total 544 658 1202
Ciencias Sociais e Xurídicas
Traballo por conta allea a tempo completo 152 220 372
Traballo por conta allea a tempo parcial 51 123 174
Son autónomo/a ou empresario/a 13 15 28
Total 216 358 574
Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito
Traballo por conta allea a tempo completo 5 4 9
Traballo por conta allea a tempo parcial 1 2 3
Son autónomo/a ou empresario/a 2 0 2
Total 8 6 14

Táboa 5: e traballas a tempo parcial porque é o que queres ou porque non atopaches un traballo a tempo completo?
Homes Mulleres Total
UDC
Porque é o que quero (ou podo facer por circunstancias persoais) 59 106 165
Porque non atopo un emprego a tempo completo 16 53 69
Outras situacións 12 26 38
Total 87 185 272
Ciencias Sociais e Xurídicas
Porque é o que quero (ou podo facer por circunstancias persoais) 32 67 99
Porque non atopo un emprego a tempo completo 10 39 49
Outras situacións 9 17 26
Total 51 123 174
Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito
Porque é o que quero (ou podo facer por circunstancias persoais) 0 0 0
Porque non atopo un emprego a tempo completo 0 1 1
Outras situacións 1 1 2
Total 1 2 3

Táboa 6: traballas na administración pública, como funcionario/a de carreira, interino/a ou en calquera outra situación laboral?
Homes Mulleres Total
UDC
Si, son empregado/a público: funcionario/a de carreira 10 7 17
Si, son empregado/a público: funcionario/a interino/a 1 5 6
Si, son empregado/a público: laboral indefinido 9 7 16
Si, son empregado/a público: laboral eventual ou interino 28 91 119
Non, non traballo como empregado público 468 522 990
Total 516 632 1148
Ciencias Sociais e Xurídicas
Si, son empregado/a público: funcionario/a de carreira 3 2 5
Si, son empregado/a público: funcionario/a interino/a 0 2 2
Si, son empregado/a público: laboral indefinido 0 0 0
Si, son empregado/a público: laboral eventual ou interino 6 13 19
Non, non traballo como empregado público 194 326 520
Total 203 343 546
Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito
Si, son empregado/a público: funcionario/a de carreira 0 0 0
Si, son empregado/a público: funcionario/a interino/a 0 0 0
Si, son empregado/a público: laboral indefinido 0 0 0
Si, son empregado/a público: laboral eventual ou interino 0 0 0
Non, non traballo como empregado público 6 6 12
Total 6 6 12

Táboa 7: e o teu contrato é…
Homes Mulleres Total
UDC
Temporal 78 152 230
Indefinido 311 284 595
Fixo discontinuo 18 23 41
Formativo (Prácticas) 61 62 123
Estou a traballar sen un contrato regular 0 1 1
Total 468 522 990
Ciencias Sociais e Xurídicas
Temporal 45 107 152
Indefinido 111 162 273
Fixo discontinuo 12 18 30
Formativo (Prácticas) 26 38 64
Estou a traballar sen un contrato regular 0 1 1
Total 194 326 520
Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito
Temporal 0 1 1
Indefinido 6 2 8
Fixo discontinuo 0 0 0
Formativo (Prácticas) 0 3 3
Estou a traballar sen un contrato regular 0 0 0
Total 6 6 12

Táboa 8: e es autónomo/a ou empresario/a porque queres ou porque non atopaches un traballo por conta allea?
Homes Mulleres Total
UDC
Porque é o que quero 22 17 39
Porque non atopo un traballo por conta allea 3 8 11
Outras situacións 3 1 4
Total 28 26 54
Ciencias Sociais e Xurídicas
Porque é o que quero 8 8 16
Porque non atopo un traballo por conta allea 3 6 9
Outras situacións 2 1 3
Total 13 15 28
Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito
Porque é o que quero 2 0 2
Porque non atopo un traballo por conta allea 0 0 0
Outras situacións 0 0 0
Total 2 0 2

Táboa 9: poderías dicirme cal é a túa ocupación?
Homes Mulleres Total
UDC
1 - Directores e xerentes 9 8 17
2 - Profesionais científicos e intelectuais 346 391 737
3 - Técnicos e profesionais de nivel medio 123 119 242
4 - Persoal de apoio administrativo 26 55 81
5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados 29 73 102
6 - Agricultores e traballadores cualificados agropecuarios, forestais e pesqueiros 1 2 3
7 - Oficiais, operarios e artesáns de artes mecánicas e doutros oficios 2 2 4
8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores 2 0 2
9 - Ocupacións elementais 6 7 13
0 - Ocupacións militares 0 1 1
Total 544 658 1202
Ciencias Sociais e Xurídicas
1 - Directores e xerentes 6 4 10
2 - Profesionais científicos e intelectuais 85 142 227
3 - Técnicos e profesionais de nivel medio 74 96 170
4 - Persoal de apoio administrativo 25 50 75
5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados 20 58 78
6 - Agricultores e traballadores cualificados agropecuarios, forestais e pesqueiros 0 1 1
7 - Oficiais, operarios e artesáns de artes mecánicas e doutros oficios 1 0 1
8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores 1 0 1
9 - Ocupacións elementais 4 7 11
0 - Ocupacións militares 0 0 0
Total 216 358 574
Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito
1 - Directores e xerentes 0 0 0
2 - Profesionais científicos e intelectuais 4 4 8
3 - Técnicos e profesionais de nivel medio 4 0 4
4 - Persoal de apoio administrativo 0 2 2
5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados 0 0 0
6 - Agricultores e traballadores cualificados agropecuarios, forestais e pesqueiros 0 0 0
7 - Oficiais, operarios e artesáns de artes mecánicas e doutros oficios 0 0 0
8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores 0 0 0
9 - Ocupacións elementais 0 0 0
0 - Ocupacións militares 0 0 0
Total 8 6 14

Táboa 10: onde estás a desenvolver a túa actividade laboral actual?
Homes Mulleres Total
UDC
Na provincia da Coruña 402 460 862
En Galicia, pero non na Coruña 70 99 169
No resto de España 63 88 151
Noutro país da Unión Europea 7 11 18
No resto do mundo 2 0 2
Total 544 658 1202
Ciencias Sociais e Xurídicas
Na provincia da Coruña 167 250 417
En Galicia, pero non na Coruña 23 49 72
No resto de España 24 49 73
Noutro país da Unión Europea 2 10 12
No resto do mundo 0 0 0
Total 216 358 574
Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito
Na provincia da Coruña 6 6 12
En Galicia, pero non na Coruña 0 0 0
No resto de España 2 0 2
Noutro país da Unión Europea 0 0 0
No resto do mundo 0 0 0
Total 8 6 14

Táboa 11: poderías valorar, nunha escala de 0 a 10, a túa satisfacción global co traballo que realizas?
Homes Mulleres Total
UDC
0 0 1 1
1 0 0 0
2 1 1 2
3 2 1 3
4 3 9 12
5 20 21 41
6 40 27 67
7 93 110 203
8 175 239 414
9 137 143 280
10 73 106 179
Total 544 658 1202
Ciencias Sociais e Xurídicas
0 0 1 1
1 0 0 0
2 1 1 2
3 0 1 1
4 2 6 8
5 11 16 27
6 17 14 31
7 47 66 113
8 61 119 180
9 41 75 116
10 36 59 95
Total 216 358 574
Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito
0 0 0 0
1 0 0 0
2 0 0 0
3 0 0 0
4 0 0 0
5 0 1 1
6 0 1 1
7 0 0 0
8 3 1 4
9 2 2 4
10 3 1 4
Total 8 6 14

Táboa 12: podería dicirme canto diñeiro gañas máis ou menos ao mes (en euros, neto, tras descontos)?
Homes Mulleres Total
UDC
Menos de 500 16 41 57
Entre 500 e 1000 91 156 247
Entre 1001 e 1500 218 253 471
Entre 1501 e 2000 159 129 288
Entre 2001 e 2500 38 61 99
Entre 2501 e 3000 9 9 18
Entre 3001 e 3500 1 2 3
Máis de 3500 4 1 5
Total 536 652 1188
Ciencias Sociais e Xurídicas
Menos de 500 11 32 43
Entre 500 e 1000 52 110 162
Entre 1001 e 1500 97 136 233
Entre 1501 e 2000 41 63 104
Entre 2001 e 2500 5 9 14
Entre 2501 e 3000 4 1 5
Entre 3001 e 3500 0 1 1
Máis de 3500 2 0 2
Total 212 352 564
Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito
Menos de 500 0 0 0
Entre 500 e 1000 1 3 4
Entre 1001 e 1500 6 1 7
Entre 1501 e 2000 0 2 2
Entre 2001 e 2500 0 0 0
Entre 2501 e 3000 0 0 0
Entre 3001 e 3500 0 0 0
Máis de 3500 0 0 0
Total 7 6 13