O compromiso da UDC coa mellora da empregabilidade do seu alumnado egresado xerou unha crecente demanda de datos de calidade sobre a súa transición ao mercado de traballo. Para darlle resposta a esa demanda, o Observatorio Ocupacional da UDC publica anualmente os resultados do seu estudo de inserción laboral. Este estudo céntrase na cohorte do curso anterior, é dicir, analiza a inserción do alumnado egresado de grao e máster un ano despois da súa saída. Unha das virtudes fundamentais deste estudo é que persegue xerar non só una mostra representativa a nivel do conxunto da Universidade, senón tamén a nivel de cada unha das titulacións.
Desde o Observatorio Ocupacional da UDC esperamos que este informe xeral que aquí presentamos lle achegue informacións útiles a toda a comunidade da UDC. Ao estudantado e futuro estudantado, os datos que se recollen poderían axudalo a tomar decisións máis informadas sobre o seu futuro profesional. Ás facultades e os departamentos, e, en xeral, a todos os organismos unipersoais e colectivos da UDC que teñen algún papel no deseño das titulacións, poderían facilitarlles a tarefa de expor medidas encamiñadas á mellora da empregabilidade do alumnado unha vez titulado.
Neste informe preséntanse os datos de inserción laboral do estudantado do Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto da UDC que finalizou os seus estudos no curso 2023/24. A finalidade básica do informe é ofrecer información útil para a mellora das medidas encamiñadas a asegurar a súa empregabilidade. Os obxectivos específicos do informe son os seguintes:
O estudo realizouse mediante a administración dun cuestionario deseñado a partir dos traballos anteriores do Observatorio Ocupacional, así como das recomendacións da Rede de Observatorios de Emprego das universidades españolas.
A poboación que é obxecto de estudo defínese como o total de alumnado egresado de titulacións de grao e máster da Universidade da Coruña no curso 2023/24. É dicir, a poboación atópase, no momento do estudo, a unha media de 12 meses da data da súa finalización dos estudos.
O universo está composto por 3356 alumnos/as egresados da UDC (2216 de grao e 1140 de máster). Co obxectivo de obter mostras representativas a nivel de titulación, calculouse un tamaño da mostra para cada unha delas. O sumatorio destas mostras de titulación xerou unha mostra total de 1845 egresados/as do grao e 880 de máster. Cun nivel de confianza do 95%, estas mostras nos permiten realizar estimacións para o conxunto dos titulados de grao cunha marxe de erro do 0,96%; e para o conxunto da poboación de egresados de máster cunha marxe de erro do 1,58%.
A mostra de cada titulación calculouse coa fórmula habitual:
\[ n = \frac {{N}\frac{Z^2p(1-p)}{e^2}} {\frac{Z^2p(1-p)}{e^2}+N-1} \]
Onde N é o total de estudantado egresado da titulación durante o curso 2023/24, p = 0,5, o valor de Z é o correspondente ao nivel de confianza do 95 % (1,96), e o valor de e responde á marxe de erro do 3 % (0,03). Tras o traballo de campo, o tamaño da mostra finalmente obtida foi de 2725 alumnos/as (1845 de grao e 880 de máster).
Na seguinte táboa pode observarse o universo do estudantado egresado de grao, a mostra finalmente obtida en cada unha das titulacións e a marxe de erro para cada unha delas. A marxe de erro calculouse aplicando o factor de corrección para poboacións finitas.
| Estudo | Universo | Mostra | Marxe de erro |
|---|---|---|---|
| Grao en Administración e Dirección de Empresas | 107 | 87 | 4.6% |
| Grao en Arquitectura Técnica | 32 | 27 | 7.6% |
| Grao en Bioloxía | 52 | 46 | 5.0% |
| Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos | 31 | 26 | 7.8% |
| Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte | 118 | 100 | 3.8% |
| Grao en Ciencias Empresariais | 36 | 32 | 5.9% |
| Grao en Comunicación Audiovisual | 69 | 57 | 5.5% |
| Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos | 57 | 50 | 4.9% |
| Grao en Dereito | 118 | 89 | 5.2% |
| Grao en Economía | 46 | 41 | 5.1% |
| Grao en Educación Infantil | 123 | 103 | 3.9% |
| Grao en Educación Primaria | 130 | 108 | 3.9% |
| Grao en Educación Social | 79 | 69 | 4.2% |
| Grao en Enfermaría | 112 | 92 | 4.3% |
| Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto | 67 | 60 | 4.1% |
| Grao en Enxeñaría de Obras Públicas | 18 | 16 | 8.4% |
| Grao en Enxeñaría Eléctrica | 11 | 10 | 9.8% |
| Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática | 21 | 20 | 4.9% |
| Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais | 12 | 11 | 8.9% |
| Grao en Enxeñaría Informática | 212 | 184 | 2.6% |
| Grao en Enxeñaría Mecánica | 26 | 23 | 7.1% |
| Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica | 11 | 11 | 0.0% |
| Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios | 12 | 9 | 17.1% |
| Grao en Estudos de Arquitectura | 68 | 54 | 6.1% |
| Grao en Fisioterapia | 59 | 47 | 6.5% |
| Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios | 5 | 4 | 24.5% |
| Grao en Humanidades | 2 | 1 | 98.0% |
| Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios | 27 | 20 | 11.4% |
| Grao en Logopedia | 54 | 49 | 4.3% |
| Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía | 23 | 20 | 8.1% |
| Grao en Náutica e Transporte Marítimo | 32 | 22 | 11.9% |
| Grao en Paisaxe | 1 | 1 | NA% |
| Grao en Podoloxía | 41 | 32 | 8.2% |
| Grao en Química | 27 | 22 | 9.2% |
| Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos | 70 | 52 | 6.9% |
| Grao en Socioloxía | 58 | 45 | 7.0% |
| Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil | 13 | 13 | 0.0% |
| Grao en Tecnoloxías Mariñas | 9 | 5 | 31.0% |
| Grao en Terapia Ocupacional | 31 | 28 | 5.9% |
| Grao en Turismo | 49 | 35 | 8.9% |
| Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación | 9 | 6 | 24.5% |
| Grao en Xestión Industrial da Moda | 53 | 47 | 4.9% |
| Programa de Simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito | 33 | 27 | 8.2% |
| Programa de Simultaneidade do Grao en Bioloxía e o Grao en Química | 6 | 4 | 31.0% |
| Programa de Simultaneidade do Grao en Enxeñaría Mecánica e Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica | 5 | 4 | 24.5% |
| Programa de Simultaneidade do Grao en Español e o Grao en Galego e Portugués | 3 | 3 | 0.0% |
| Programa de Simultaneidade do Grao en Español e o Grao en Inglés | 21 | 20 | 4.9% |
| Programa de Simultaneidade do Grao en Galego e Portugués e o Grao en Inglés | 1 | 1 | NA% |
| Programa de Simultaneidade do Grao en Turismo e o Grao en Ciencias Empresariais | 16 | 12 | 14.6% |
O traballo de campo consistiu na realización de entrevistas telefónicas asistidas por computador entre o 14 e o 23 de xullo de 2025 e foi realizado pola empresa de estudos de mercado e enquisas Ideara S.L. O tratamento dos datos de contacto do estudantado egresado regulouse mediante un contrato de tratamento de datos persoais entre a UDC e a empresa, de acordo coa normativa vixente.
O protocolo de contactos para a realización da enquisa prevía un mínimo de tres intentos de contacto en horas e días distintos por cada persoa seleccionada de maneira aleatoria, antes de descartar esa persoa de forma definitiva para a súa inclusión na mostra.
O número de egresados e/ou de egresados enquisados nalgunhas titulacións é baixo, o que non permite estimacións adecuadas. Ademais, mostras tan reducidas poderían permitir a identificación das persoas a partir das respostas, polo que se decidiu seguir o criterio establecido nos informes de anos anteriores e non elaborar informe detallado para aquelas titulacións cunha mostra inferior a 10, aínda que os datos destas titulacións si computan nos cálculos globais da UDC e nos referidos a cada rama de coñecemento.
Nesta sección preséntanse os datos de inserción laboral dos estudantado titulado do Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto. Seguindo as definicións habituais, enténdese por activos/as o conxunto do alumnado egresado que, no momento da entrevista, ben declara ter un emprego por conta propia ou allea, ben declara estar a buscar traballo de forma activa. Son inactivos/as, por tanto, o grupo daquel estudantado egresado que, no momento da entrevista, non tiña emprego nin o buscaba activamente. Considéranse ocupados/as aqueles e aquelas estudantes que, no momento da enquisa, declaran ter un traballo por conta allea ou exercer unha actividade por conta propia. Os parados e as paradas son quen declarou na enquisa non ter, pero estar a buscar activamente, un emprego.
Podemos estimar a inserción laboral dos egresados e das egresadas, empregando os datos da nosa mostra, mediante as seguintes taxas:
Para facilitar a interpretación dos datos:
\[ p \pm Z {\sqrt{ \frac {p(1-p)}{n}}} \frac {N-n}{N-1} \]
Figura 1: taxa de actividade, de emprego e de paro do estudantado egresado de grao
Ver datos aquí
Para valorar adecuadamente estas taxas, e especialmente a taxa de actividade, é importante considerar que nalgunhas titulacións a continuación dos estudos é obrigatoria ou altamente recomendada para o exercicio da profesión e que, ademais, existen titulacións nas cales é máis frecuente a formación de profesionais que orientarán a súa carreira cara á función pública. Por iso, é importante contextualizar a interpretación da taxa de inactividade e coñecer as razóns polas que o estudantado egresado inactivo non buscan un emprego. A seguinte figura presenta as razóns polas que as persoas inactivas do Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto non buscan activamente un emprego.
Figura 2: motivos polos que o estudantado titulado de grao inactivo non busca emprego
Ver datos aquí
Co obxectivo de analizar as ocupacións das egresadas e dos egresados, preguntouse na enquisa cal era a ocupación que se desempeñaba no momento da entrevista. Esta ocupación, posteriormente, reclasificouse conforme as categorías da clasificación nacional de ocupacións (CNO-11). No seu nivel de xeneralización máis alto, a CNO-11 distingue entre os seguintes grandes grupos ocupacionais:
A continuación, pode observarse a distribución do estudantado egresado do Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto nestes grandes grupos ocupacionais.
Figura 3: distribución do estudantado egresado de grao ocupado nos grandes grupos ocupacionais
Ver datos aquí
A CNO-11 herda da clasificación internacional uniforme de ocupacións CIUO-08 unha estrutura xerárquica baseada no nivel de competencias requiridas para cada grupo ocupacional, en que se distingue entre catro niveis, por orde crecente. O nivel de competencias defínese como unha medida da complexidade e diversidade das tarefas que se realizan nunha ocupación.
Os niveis de competencias de cada ocupación asígnanse en función de distintos compoñentes: a natureza do traballo en relación coas tarefas que o caracterizan, o nivel de instrución formal necesaria para desempeñar as tarefas e a cantidade de formación no emprego ou a experiencia previa que se consideran necesarias.
As ocupacións do nivel de competencias 1 xeralmente requiren a realización de tarefas físicas manuais, simples e rutineiras. Con respecto ao nivel de educación que cómpre, poderíase esixir o ciclo completo de educación primaria ou o primeiro ciclo de educación básica.
As ocupacións do nivel de competencias 2 requiren tarefas como operar maquinaria e equipos electrónicos, conducir vehículos, manter e reparar equipos eléctricos e mecánicos, e manexar e almacenar información. Neste nivel é preciso contar con competencias como a comprensión lectora ou a capacidade de redactar informes, ademais dun alto nivel de destreza manual. O nivel de competencia 2, xeralmente, obtense co primeiro ciclo de educación secundaria, que pode incluír algún elemento de formación profesional especializada.
As ocupacións do nivel de competencias 3 implican o desempeño de tarefas técnicas e prácticas complexas que requiren un conxunto de coñecementos específicos nunha área especializada. En xeral, estas ocupacións requiren un alto nivel de educación: as habilidades necesarias xeralmente obtéñense despois de completar os estudos nunha institución de educación superior, logo de completar a escola secundaria, por un período dun a tres anos.
Finalmente, as ocupacións do nivel de competencias 4 poden supoñer o desempeño de tarefas que comporten tomar de decisións e resolver problemas complexos utilizando amplos coñecementos teóricos e prácticos nunha área. Estes labores xeralmente inclúen análises e investigación, a transmisión de coñecemento e o deseño de estruturas ou maquinaria. Con respecto á formación requirida, as competencias deste nivel adoitan obterse tras finalizar o nivel superior de educación e obter un diploma ou título superior. De feito, en moitos casos, as cualificacións formais son un requisito para acceder a ocupacións deste nivel de competencias.
Os grandes grupos ocupacionais 1, 2 e 3 da CNO-11 son os que requiren os niveis de competencias máis altos, isto é, en xeral, un nivel alto ou moi alto de instrución (os niveis 3 e 4 segundo a clasificación de competencias antes exposta). Por iso, podemos medir o grao de adecuación profesional do estudantado egresado mediante un cociente de adecuación ( CocAdec ) definido nos seguintes termos:
\[ CocAdec = \frac {\text{Alumnado egresado ocupado nos grupos ocupacionais 1, 2 e 3 da CNO-11}}{\text{Total de alumnado egresado ocupado}} \]
Os resultados obtidos neste nivel de adecuación profesional para o estudantado egresado do Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto son os seguintes:
Figura 4: cociente de adecuación da ocupación do estudantado egresado de grao
Ver datos aquí
Nun informe recente elaborado polo Observatorio Ocupacional da UDC que emprega datos do proxecto GUESSS, observouse que o 10,2 % das e dos estudantes da nosa universidade tiña a intención de crear a súa propia empresa ao final dos seus estudos (pode consultarse este estudo aquí. Resulta interesante comparar esa intención coa realidade un ano despois da data da súa saída da UDC. Na seguinte figura preséntase a porcentaxe do estudantado egresado do Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto ocupado que está autoempregado.
Figura 5: porcentaxe de estudantado ocupado por conta propia entre o estudantado egresado de grao ocupado
Ver datos aquí
Aínda que con frecuencia se insiste na importancia da estimulación do autoemprego, resulta de vital importancia que a universidade tamén forme profesionais capaces de contribuíren ao fortalecemento e ao bo funcionamento da nosa administración pública. Por iso, presentamos a seguir os datos que nos permiten estimar cal é a contribución do Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto a ese fortalecemento do sector público, mediante a formación de profesionais capaces de integrarse en empregos públicos.
Figura 6: porcentaxe de empregados/as públicos entre o estudantado egresado de grao ocupado
Ver datos aquí
Unha das principais dimensións da precariedade laboral é a inestabilidade contractual das persoas ocupadas. Para coñecer como afecta esta dimensión da precariedade ao alumnado titulado do Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto, presentamos na seguinte figura as porcentaxes de persoas traballadoras con contratos indefinidos, temporais, fixos discontinuos, formativos e irregulares entre os estudantado egresado de grao que está ocupados e traballa por conta allea no sector privado.
Figura 7: tipo de contrato do alumnado egresado de grao ocupado que traballa por conta allea no sector privado
Ver datos aquí
Na seguinte figura preséntanse os datos relativos á xornada laboral do estudantado egresado de grao ocupado por conta allea da UDC, distinguindo entre aquel que está en empregos a xornada completa (30 horas semanais ou máis) e o que ten empregos a xornada parcial (menos de 30 horas semanais).
Figura 8: estudantado egresado de grao ocupados por conta allea a tempo completo e a tempo parcial
Ver datos aquí
A mobilidade é un dos factores máis relevantes á hora de coñecer as características da transición á vida laboral das egresadas e dos egresados. Por unha banda, a capacidade dun territorio e as súas universidades de xeraren e reteren talento é fundamental; e, pola outra, a formación de profesionais capaces de desempeñar o seu labor en contextos afastados social, económica e culturalmente é tamén un indicador do éxito da institución.
Figura 9: mobilidade do estudantado egresado de grao ocupado
Ver datos aquí
As remuneracións son probablemente o indicador máis obvio da calidade do emprego obtido. Por iso, púxose na enquisa unha pregunta para o estudantado egresado ocupado sobre as súas ganancias netas mensuais. As opcións de resposta que se ofrecían eran as seguintes:
Figura 10: ingresos do alumnado egresado de grao ocupado
Ver datos aquí
Como era de esperar, un ano despois da saída da universidade, os niveis salariais dificilmente chegan aos intervalos salariais máis altos. O valor do dato é, probablemente, comparativo: permítenos comparar a rapidez no acceso aos niveis salariais altos entre homes e mulleres e entre o estudantado egresado do Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto e o estudantado egresado da súa rama de coñecemento.
Por último, incorporouse unha pregunta relativa ao grao de satisfacción laboral das persoas ocupadas, nunha escala de 0 a 10.
O seguinte gráfico mostra a distribución das respostas do estudantado egresado ocupado do Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto á devandita pregunta. O diagrama de violín (violin plot) permítenos estudar a densidade das respostas, en tanto o diagrama de caixa (box plot) que se inclúe no interior nos achega a distribución dos cuartís. A liña descontinua indica a media da distribución.
Figura 11: satisfacción co emprego do estudantado egresado de grao ocupado
Ver datos aquí
Nesta sección preséntanse os resultados en bruto das respostas do alumnado egresado do Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto ás preguntas do cuestionario.
| Homes | Mulleres | Total | |
|---|---|---|---|
| UDC | |||
| Estou a traballar | 544 | 658 | 1202 |
| Non estou a traballar, pero busco emprego de forma activa | 76 | 81 | 157 |
| Non estou a traballar e non estou a buscar emprego | 200 | 286 | 486 |
| Total | 820 | 1025 | 1845 |
| Enxeñaría e Arquitectura | |||
| Estou a traballar | 261 | 100 | 361 |
| Non estou a traballar, pero busco emprego de forma activa | 22 | 10 | 32 |
| Non estou a traballar e non estou a buscar emprego | 68 | 26 | 94 |
| Total | 351 | 136 | 487 |
| Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto | |||
| Estou a traballar | 23 | 26 | 49 |
| Non estou a traballar, pero busco emprego de forma activa | 3 | 1 | 4 |
| Non estou a traballar e non estou a buscar emprego | 2 | 5 | 7 |
| Total | 28 | 32 | 60 |
| Homes | Mulleres | Total | |
|---|---|---|---|
| UDC | |||
| Estou a preparar oposicións | 53 | 125 | 178 |
| Estou a realizar outros estudos | 124 | 144 | 268 |
| Outros motivos | 23 | 17 | 40 |
| Total | 200 | 286 | 486 |
| Enxeñaría e Arquitectura | |||
| Estou a preparar oposicións | 5 | 1 | 6 |
| Estou a realizar outros estudos | 54 | 24 | 78 |
| Outros motivos | 9 | 1 | 10 |
| Total | 68 | 26 | 94 |
| Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto | |||
| Estou a preparar oposicións | 0 | 0 | 0 |
| Estou a realizar outros estudos | 1 | 4 | 5 |
| Outros motivos | 1 | 1 | 2 |
| Total | 2 | 5 | 7 |
| Homes | Mulleres | Total | |
|---|---|---|---|
| UDC | |||
| Traballo por conta allea a tempo completo | 429 | 447 | 876 |
| Traballo por conta allea a tempo parcial | 87 | 185 | 272 |
| Son autónomo/a ou empresario/a | 28 | 26 | 54 |
| Total | 544 | 658 | 1202 |
| Enxeñaría e Arquitectura | |||
| Traballo por conta allea a tempo completo | 226 | 83 | 309 |
| Traballo por conta allea a tempo parcial | 26 | 15 | 41 |
| Son autónomo/a ou empresario/a | 9 | 2 | 11 |
| Total | 261 | 100 | 361 |
| Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto | |||
| Traballo por conta allea a tempo completo | 22 | 26 | 48 |
| Traballo por conta allea a tempo parcial | 1 | 0 | 1 |
| Son autónomo/a ou empresario/a | 0 | 0 | 0 |
| Total | 23 | 26 | 49 |
| Homes | Mulleres | Total | |
|---|---|---|---|
| UDC | |||
| Porque é o que quero (ou podo facer por circunstancias persoais) | 59 | 106 | 165 |
| Porque non atopo un emprego a tempo completo | 16 | 53 | 69 |
| Outras situacións | 12 | 26 | 38 |
| Total | 87 | 185 | 272 |
| Enxeñaría e Arquitectura | |||
| Porque é o que quero (ou podo facer por circunstancias persoais) | 21 | 11 | 32 |
| Porque non atopo un emprego a tempo completo | 2 | 2 | 4 |
| Outras situacións | 3 | 2 | 5 |
| Total | 26 | 15 | 41 |
| Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto | |||
| Porque é o que quero (ou podo facer por circunstancias persoais) | 1 | 0 | 1 |
| Porque non atopo un emprego a tempo completo | 0 | 0 | 0 |
| Outras situacións | 0 | 0 | 0 |
| Total | 1 | 0 | 1 |
| Homes | Mulleres | Total | |
|---|---|---|---|
| UDC | |||
| Si, son empregado/a público: funcionario/a de carreira | 10 | 7 | 17 |
| Si, son empregado/a público: funcionario/a interino/a | 1 | 5 | 6 |
| Si, son empregado/a público: laboral indefinido | 9 | 7 | 16 |
| Si, son empregado/a público: laboral eventual ou interino | 28 | 91 | 119 |
| Non, non traballo como empregado público | 468 | 522 | 990 |
| Total | 516 | 632 | 1148 |
| Enxeñaría e Arquitectura | |||
| Si, son empregado/a público: funcionario/a de carreira | 5 | 4 | 9 |
| Si, son empregado/a público: funcionario/a interino/a | 0 | 2 | 2 |
| Si, son empregado/a público: laboral indefinido | 6 | 1 | 7 |
| Si, son empregado/a público: laboral eventual ou interino | 10 | 4 | 14 |
| Non, non traballo como empregado público | 231 | 87 | 318 |
| Total | 252 | 98 | 350 |
| Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto | |||
| Si, son empregado/a público: funcionario/a de carreira | 0 | 0 | 0 |
| Si, son empregado/a público: funcionario/a interino/a | 0 | 0 | 0 |
| Si, son empregado/a público: laboral indefinido | 3 | 0 | 3 |
| Si, son empregado/a público: laboral eventual ou interino | 0 | 2 | 2 |
| Non, non traballo como empregado público | 20 | 24 | 44 |
| Total | 23 | 26 | 49 |
| Homes | Mulleres | Total | |
|---|---|---|---|
| UDC | |||
| Temporal | 78 | 152 | 230 |
| Indefinido | 311 | 284 | 595 |
| Fixo discontinuo | 18 | 23 | 41 |
| Formativo (Prácticas) | 61 | 62 | 123 |
| Estou a traballar sen un contrato regular | 0 | 1 | 1 |
| Total | 468 | 522 | 990 |
| Enxeñaría e Arquitectura | |||
| Temporal | 21 | 10 | 31 |
| Indefinido | 174 | 60 | 234 |
| Fixo discontinuo | 5 | 0 | 5 |
| Formativo (Prácticas) | 31 | 17 | 48 |
| Estou a traballar sen un contrato regular | 0 | 0 | 0 |
| Total | 231 | 87 | 318 |
| Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto | |||
| Temporal | 2 | 2 | 4 |
| Indefinido | 11 | 18 | 29 |
| Fixo discontinuo | 0 | 0 | 0 |
| Formativo (Prácticas) | 7 | 4 | 11 |
| Estou a traballar sen un contrato regular | 0 | 0 | 0 |
| Total | 20 | 24 | 44 |
| Homes | Mulleres | Total | |
|---|---|---|---|
| UDC | |||
| Porque é o que quero | 22 | 17 | 39 |
| Porque non atopo un traballo por conta allea | 3 | 8 | 11 |
| Outras situacións | 3 | 1 | 4 |
| Total | 28 | 26 | 54 |
| Enxeñaría e Arquitectura | |||
| Porque é o que quero | 8 | 1 | 9 |
| Porque non atopo un traballo por conta allea | 0 | 1 | 1 |
| Outras situacións | 1 | 0 | 1 |
| Total | 9 | 2 | 11 |
| Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto | |||
| Porque é o que quero | 0 | 0 | 0 |
| Porque non atopo un traballo por conta allea | 0 | 0 | 0 |
| Outras situacións | 0 | 0 | 0 |
| Total | 0 | 0 | 0 |
| Homes | Mulleres | Total | |
|---|---|---|---|
| UDC | |||
| 1 - Directores e xerentes | 9 | 8 | 17 |
| 2 - Profesionais científicos e intelectuais | 346 | 391 | 737 |
| 3 - Técnicos e profesionais de nivel medio | 123 | 119 | 242 |
| 4 - Persoal de apoio administrativo | 26 | 55 | 81 |
| 5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados | 29 | 73 | 102 |
| 6 - Agricultores e traballadores cualificados agropecuarios, forestais e pesqueiros | 1 | 2 | 3 |
| 7 - Oficiais, operarios e artesáns de artes mecánicas e doutros oficios | 2 | 2 | 4 |
| 8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores | 2 | 0 | 2 |
| 9 - Ocupacións elementais | 6 | 7 | 13 |
| 0 - Ocupacións militares | 0 | 1 | 1 |
| Total | 544 | 658 | 1202 |
| Enxeñaría e Arquitectura | |||
| 1 - Directores e xerentes | 3 | 2 | 5 |
| 2 - Profesionais científicos e intelectuais | 202 | 74 | 276 |
| 3 - Técnicos e profesionais de nivel medio | 47 | 19 | 66 |
| 4 - Persoal de apoio administrativo | 0 | 1 | 1 |
| 5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados | 5 | 2 | 7 |
| 6 - Agricultores e traballadores cualificados agropecuarios, forestais e pesqueiros | 1 | 1 | 2 |
| 7 - Oficiais, operarios e artesáns de artes mecánicas e doutros oficios | 0 | 0 | 0 |
| 8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores | 1 | 0 | 1 |
| 9 - Ocupacións elementais | 2 | 0 | 2 |
| 0 - Ocupacións militares | 0 | 1 | 1 |
| Total | 261 | 100 | 361 |
| Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto | |||
| 1 - Directores e xerentes | 0 | 1 | 1 |
| 2 - Profesionais científicos e intelectuais | 17 | 19 | 36 |
| 3 - Técnicos e profesionais de nivel medio | 5 | 6 | 11 |
| 4 - Persoal de apoio administrativo | 0 | 0 | 0 |
| 5 - Traballadores dos servizos e vendedores de comercios e mercados | 1 | 0 | 1 |
| 6 - Agricultores e traballadores cualificados agropecuarios, forestais e pesqueiros | 0 | 0 | 0 |
| 7 - Oficiais, operarios e artesáns de artes mecánicas e doutros oficios | 0 | 0 | 0 |
| 8 - Operadores de instalacións e máquinas e ensambladores | 0 | 0 | 0 |
| 9 - Ocupacións elementais | 0 | 0 | 0 |
| 0 - Ocupacións militares | 0 | 0 | 0 |
| Total | 23 | 26 | 49 |
| Homes | Mulleres | Total | |
|---|---|---|---|
| UDC | |||
| Na provincia da Coruña | 402 | 460 | 862 |
| En Galicia, pero non na Coruña | 70 | 99 | 169 |
| No resto de España | 63 | 88 | 151 |
| Noutro país da Unión Europea | 7 | 11 | 18 |
| No resto do mundo | 2 | 0 | 2 |
| Total | 544 | 658 | 1202 |
| Enxeñaría e Arquitectura | |||
| Na provincia da Coruña | 188 | 71 | 259 |
| En Galicia, pero non na Coruña | 39 | 13 | 52 |
| No resto de España | 27 | 15 | 42 |
| Noutro país da Unión Europea | 5 | 1 | 6 |
| No resto do mundo | 2 | 0 | 2 |
| Total | 261 | 100 | 361 |
| Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto | |||
| Na provincia da Coruña | 9 | 19 | 28 |
| En Galicia, pero non na Coruña | 8 | 4 | 12 |
| No resto de España | 4 | 3 | 7 |
| Noutro país da Unión Europea | 2 | 0 | 2 |
| No resto do mundo | 0 | 0 | 0 |
| Total | 23 | 26 | 49 |
| Homes | Mulleres | Total | |
|---|---|---|---|
| UDC | |||
| 0 | 0 | 1 | 1 |
| 1 | 0 | 0 | 0 |
| 2 | 1 | 1 | 2 |
| 3 | 2 | 1 | 3 |
| 4 | 3 | 9 | 12 |
| 5 | 20 | 21 | 41 |
| 6 | 40 | 27 | 67 |
| 7 | 93 | 110 | 203 |
| 8 | 175 | 239 | 414 |
| 9 | 137 | 143 | 280 |
| 10 | 73 | 106 | 179 |
| Total | 544 | 658 | 1202 |
| Enxeñaría e Arquitectura | |||
| 0 | 0 | 0 | 0 |
| 1 | 0 | 0 | 0 |
| 2 | 0 | 0 | 0 |
| 3 | 2 | 0 | 2 |
| 4 | 0 | 0 | 0 |
| 5 | 8 | 1 | 9 |
| 6 | 17 | 6 | 23 |
| 7 | 34 | 15 | 49 |
| 8 | 95 | 42 | 137 |
| 9 | 77 | 19 | 96 |
| 10 | 28 | 17 | 45 |
| Total | 261 | 100 | 361 |
| Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto | |||
| 0 | 0 | 0 | 0 |
| 1 | 0 | 0 | 0 |
| 2 | 0 | 0 | 0 |
| 3 | 1 | 0 | 1 |
| 4 | 0 | 0 | 0 |
| 5 | 2 | 0 | 2 |
| 6 | 2 | 3 | 5 |
| 7 | 3 | 4 | 7 |
| 8 | 6 | 11 | 17 |
| 9 | 5 | 2 | 7 |
| 10 | 4 | 6 | 10 |
| Total | 23 | 26 | 49 |
| Homes | Mulleres | Total | |
|---|---|---|---|
| UDC | |||
| Menos de 500 | 16 | 41 | 57 |
| Entre 500 e 1000 | 91 | 156 | 247 |
| Entre 1001 e 1500 | 218 | 253 | 471 |
| Entre 1501 e 2000 | 159 | 129 | 288 |
| Entre 2001 e 2500 | 38 | 61 | 99 |
| Entre 2501 e 3000 | 9 | 9 | 18 |
| Entre 3001 e 3500 | 1 | 2 | 3 |
| Máis de 3500 | 4 | 1 | 5 |
| Total | 536 | 652 | 1188 |
| Enxeñaría e Arquitectura | |||
| Menos de 500 | 4 | 4 | 8 |
| Entre 500 e 1000 | 31 | 17 | 48 |
| Entre 1001 e 1500 | 87 | 35 | 122 |
| Entre 1501 e 2000 | 108 | 33 | 141 |
| Entre 2001 e 2500 | 21 | 7 | 28 |
| Entre 2501 e 3000 | 4 | 3 | 7 |
| Entre 3001 e 3500 | 1 | 0 | 1 |
| Máis de 3500 | 2 | 1 | 3 |
| Total | 258 | 100 | 358 |
| Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto | |||
| Menos de 500 | 1 | 1 | 2 |
| Entre 500 e 1000 | 3 | 3 | 6 |
| Entre 1001 e 1500 | 6 | 13 | 19 |
| Entre 1501 e 2000 | 12 | 7 | 19 |
| Entre 2001 e 2500 | 1 | 0 | 1 |
| Entre 2501 e 3000 | 0 | 1 | 1 |
| Entre 3001 e 3500 | 0 | 0 | 0 |
| Máis de 3500 | 0 | 1 | 1 |
| Total | 23 | 26 | 49 |