Elena Madinabeitia Mancebo, é PDI no departamento de Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación. Viaxará a El Salvador para apoiar o programa no que se brinda axuda humanitaria, primeiros auxilios psicológicos e derivación de casos de vulneración de dereteitos á infancia e violencia baseada no xénero a nenos/as, adolescentes e familias en tránsito migratorio.
.
José Manuel Malheiro Gutiérrez, é PDI no departamento de Pedagoxía e Didáctica e viaxará a Angola para a realización dun programa de seminarios a desenvolver con grupos de docentes da Escola Bg-1024 Missionaria Paróquia Santo Estevão. Desenvolveranse os temas suxeridos pola Xefa de estudos, Dra. Lourdes Amandio. Ademais, dedicarase un tempo á presentación da metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo e a sùa posible aplicación na alfabetización de adultos.
Plácido Lizancos Mora é PDI do departamento de Expresión Gráfica e Arquitectónica, e viaxa a Mozambique con Arquitectura sen Fronteiras para traballar na mellora das condicións urbanas e habitacionais da zona C de Chamanculo, na cidade de Maputo, e de preparar ao tecido sical, con perspectiva de xénero, para mellorar a súa capacidade de actuación en espazos comúns. A fase na que traballará Plácido é a sexta e pretende contribuír ao acceso á vivenda digna a través dunha estgratexia de asistencia á poboación na autopromociónda vivenda que respecte os parámetros urbáns alcanzados nas fases previas do proxecto.