Tatiana Saénz Romero.É estudante do Mestrado de Políticas Sociais e intervención Sociocomunitaria. Viaxará a Honduras co proxecto Coresan da ONG Solidariedade Internacional de Galicia. Este proxecto trata de impulsar formas de vida resilientes que contribúan ao benestar de 25 comunidades rurais a través do enfoque de saúde integral e seguriade alimentaria e nutricional. Trátase dunha proposta que pretende ofrecer estratexias e solucións que permitan incrementar progresivamente o goce do dereito e a saúde alimentaria para as citadas comunidades, baseada no enfoque de dereitos con perspectiva de xénero. 

Eva Pérez Pérez. Alumna do grao en Terapia Ocupacional. Viaxará a Cabo Verde coa Asociación Colmeia. O proxecto levarase a cabo nunha Asociación que ten como principais obxectivos ofrecer servizos de rehabilitación e apoio aos nenos e nenas con discapacidade de Cabo Verde. Eva participará de forma activa nun proxecto de intervención directa cos usuarios para mellorar a súa autonomía e calidade de vida, no asesoramento e creación de produtos de apoio de baixo custo para os nenos/as usuarios do centro e no asesoramento cas familias dos usuarios

Begoña Toja Gegúndez. Alumna do Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria. Viaxará a México coa entidade Hospitalidad e Solidaridad. O seu proxecto está orientado á axuda humanitaria con perspectiva de atención integral, que ofrece acompañamento en procesos de inserción e incidencia política, buscando xerar un espzzo solidario e hospitalario coas persoas refuxiadas, solicitantes de asilo con protección complementaria e apátridas medicante o aloxamento temporal no albergue no que estará durante a súa estadía.

Nayla Flores Hussain.É estudante do Mestrado de Políticas Sociais e intervención Sociocomunitaria. Viaxará a Honduras co proxecto Coresan da ONG Solidariedade Internacional de Galicia. Este proxecto trata de impulsar formas de vida resilientes que contribúan ao benestar de 25 comunidades rurais a través do enfoque de saúde integral e seguriade alimentaria e nutricional. Trátase dunha proposta que pretende ofrecer estratexias e solucións que permitan incrementar progresivamente o goce do dereito e a saúde alimentaria para as citadas comunidades, baseada no enfoque de dereitos con perspectiva de xénero

Cecilia López Prego. É estudante do Mestrado en arquitectura da paisaxe. Viaxará á Comunidade Mam Cajolá, no Municipio de Champerico, Guatemala. Trátase dunha comunidade recén asentada composta por 267 familias indíxenas, na súa maioría mulleres solteiras e viuvas. O seu PCR consistirá en indagar sobre a calidade do hábitat a través da realidade próxima da cidadanía, traballando as diferentes escalas, dende aquela máis de detalle e de mobiliario, pasando pola propia vivienda, até a urbana da veciñanza ou barrio no que viven, reflexionando se realmente é digno e facendo aportacións de mellora.