Victoria Reinoso Fernández, é estudante do Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria e viaxará a O Salvador da mas de Axuda en Acción. O proxecto no que vai a colaborar no Golfo de Fonseca pretende traballar na prevención das violencias contra a infancia e a protección dos seus dereitos humanos en contextos de risco, especialmente poñendo énfase na prevención da violencia sexual e os embarazos en nenas e adolescentes para fortalecer o sistema de protección da nenez e adolescencia. A súa labor como PCR será a de colaborar na realización de xornadas de formación sobre dereitos de promoción dos dereitos sexuais e reproductivos coas nenas e adolescentes a través de dinámicas lúdicas e talleres participativos e co-creativos. Tamén, axudará na sensibilización e apoio a pais, nais e tutoras/es sobre hábitos saludables e crianza positiva e ademais a través de escolas sociodeportivas e con toda a comunidade, usaráse o deporte como medio para promover hábitos saudables, valores e relacións igualitarias entre as nenas e os nenos das comunidades e sobre todo dándolle valor ó dereito ao xogo.
Eloi Fernández Ramos, é estudante do Máster Universitario en Educación Secundaria Obligatoria, Bachillerato, FP y Enseñanza de Idiomas. Fará a súa estadía en Guatemala coa ONG Solidariedade Internacional de Galicia, no proxecto "Fortalecemento das capacidades de organizacións da sociedade civil e comunitarias involucradas na promoción e protección do dereito das mulleres maias a unha vida libre de violencias, con pertinencia cultural, na zona Norte, Centro, Occidente e Oriente de Guatemala".
O proxecto aborda o dereito das mulleres maias de Guatemala a unha vida libre de violencias, pretendendo fortalecer as capacidades de organizacións da sociedade civil e comunitarias involucradas na promoción e protección do dereito das mulleres maias a unha vida libre de violencias, con pertinencia cultural, na zona Norte, Centro, Occidente e Oriente de Guatemala. Para isto, xéranse e difúndense recursos para un adecuado acompañamento a mulleres maias sobreviventes de violencia, con pertinencia cultural; fortalécense organizacións locais que traballan en defensa e promoción dos Dereitos Humanos; e fortalécense os liderados comunitarios para o impulso e promoción dunha vida libre de violencia, mediante a formación de terapeutas sociais que traballen por transformar a sociedade ao realizar acompañamentos para deconstruír a violencia arraigada á sociedade.
Cristina Carreira Menéndez, é estudante de educación social e Técnica en Animación Sociocultural e Turística. Viaxará a Honduras coa ONG Solidariedade Internacional de Galicia, da man de Sur en Acción. O proxecto no que poderá participar durante dous meses trata principalmente de impulsar formas de vida resilientes que contribúan ao benestar de 25 comunidades rurais do Municipio de San Marcos de Colón, no departamento de Choluteca. Esta proposta, a través dun enfoque integral e seguridade alimentaria e nutricional, pretende ofrecer estratexias e solucións que permitan incrementar de maneira progresiva que as comunidades poidan ser quenes de gozar dos seus dereitos e da saúde alimentaria.
Isabel María Martínez Carrillo, actualmente é estudante do Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria, ademais de traballadora social. Vai a desenvolver o seu proxecto da man de Solidariedade Internacional de Galicia en Bolivia. O proxecto no que vai participar buscar contribuir á eliminación das barreiras de acceso aos dereitos e a subsanar valeiros na protección das mulleres, nenas e adolescentes do maior eixo poboacional de Bolivia, nos eidos priorizados polos colectivos que conforman e/ou cos que traballa a entidade Mulleres Creando. O proxecto parte de dous eixos fundamentais: o primeiro é o fortalecemento das accións de loita contra a violencia cara ás mulleres e o segundo concerne á creación de espazos de reflexión, xeración e difusión de coñecemento e pensamento feminista, como base esencial para transformar a sociedade patriarcal.
Sandra Lorenzo Casado, actualmente é estudante do Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria e é traballadora social. Este verán estará nunha estancia PCR en San Lorenzo (sur de Honduras), da man de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF) e coa contraparte local CODDEFFAGOLF. Formará parte do proxecto de educación para a cidadanía global, coñecendo o traballo nos proxectos levados a cabo pola organización no Golfo de Fonseca. Centrándose no proxecto Mulleres Bravas, no que tamén participa Amigas da Terra, de empoderamento en revaloración dos saberes e resistencias das mulleres defensoras do territorio. Ademais, este último proxecto estará relacionado coa temática do seu TFM, polo que recollerá datos para o mesmo. Estos meses serán unha gran oportunidade para poder deconstruñir a súa colonialidade e poder impregnarse doutros saberes técnicos e populares do sur global.
Ana Rodríguez Pérez, é estudante do Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria, concretamente da especialidade de xénero, e educadora social. Viaxará a Honduras da man de Sur en Acción e Solidariedade Internacional de Galicia. O proxecto no que se embarcará trata de impulsar formas de vida resilientes que contribúan ao benestar de 25 comunidades rurais do municipio de San Marcos de Colón, Choluteca, a través do enfoque de saúde integral e seguridade alimentaria e nutricional. Trátase dunha proposta que pretende ofrecer estratexias e solucións que permitan incrementar progresivamente o goce do dereito e a saúde alimentaria para as citadas comunidades, baseada no enfoque de dereitos con perspectiva de xénero
Stephanie Lorenzo Riverol é estudante do Grao de Educación Social, viaxará a Honduras co proxecto "Sta. Clara, Sta. Teresa, Virxe de Suyapa e Santa María" da Fundación ACOES. Este proxecto ten como obxectivo garantir o acceso á educación das infancias en situación de pobreza extrema, ofrecendo unha formación integral e gratuíta desde prescolar ata bacharelato. Durante os dous meses de PCR, coñecerá e colaborará nos distintos proxectos da fundación, que teñen como obxectivo abordar a diminución das desigualdades en Honduras e promover a paz, a xustiza, os dereitos e o desenvolvemento integral das poboacións máis desfavorecidas, priorizando a infancia, a mocidade e as persoas en situación de discapacidade.