Raquel Álvarez Barreira, estudante do Mestrado Universitario en Socioloxía aplicada, viaxa a Perú coa ONGD AYUDA EN ACCIÓN para desenvolver actividades de sensibilización para fortalecer e promover a institución da familia a través de obradoiros con temáticas de xénero, dereitos e violencia familiar, co fin de diminuir os índices de violencia intrafamiliar e o fortalecemento das poboacións locais vulnerables, en especial a infancia, a adolescencia e as mulleres.
Iria Álvarez Marcos, estudante do Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia, viaxa a Honduras coa ONGD ACOES para o desenvolvemento integral da infancia e dos-as xóvenes con discapacidade e/ou problemas de aprendizaxe a través de traballos educativos de inclusión, formación-capacitación e seguimiento, tanto do alumando coma do profesorado.
Patricia Cortés Cuadrado, estudante do Grao en Educación Infantil, viaxa a Honduras coa ONGD ACOES para promover e potenciar a educación a través de actividades lúdicas que fortalezan a promoción e motivación da aprendizaxe como ferramenta de transformación social no que participen as familias na elaboración de contidos globales que favorezcan a igualdade .
Marta Fernández Fernández, estudante de Arquitectura, viaxa a Guatemala coa ONG ARQUITECTURA SIN FRONTERAS para mellorar as infraestructuras sanitarias do Instituto Nacional de Educación Básica, a partir da ampliación das instalacións, como a construción dun salón comunitario e letrinas, que favorezan o desenvolvemento favorable para o alumnado. De igual forma, colabora nos programas da ONG no estudio de solucións de saneamento e manexo das augas e na sensibilización da comunidade local nos criterios de hixiene e saúde.
Andrea Fernández Sánchez, estudante de Doutoramento en Equidade e Innovación en Educación, viaxa a Filipinas coa ONGD EDUCO para fomentar, promover e favorecer a educación de calidade, como dereito fundamental da nenez a través dos programas da ONGD, nos que impulsa a igualdade de oportunidades para acceder á educación dende una metodoloxía incluinte.
Lucia García-Cernuda Ruiz de Alda, estudante de Arquitectura, viaxa a Guatemala coa ONG ARQUITECTURA SIN FRONTERAS para mellorar as condicións de acceso a un hábitat digno, colaborando cos proxectos propios da ONG, como a elaboración dun sistema de información xeográfica que proporcione información cuantitativa, cualitativa e referenciada das Comunidades de estudo do proxecto, co fin de incrementar o número de familias beneficiadas de vivenda, a través de estratexias para reducir os costos da vivenda.
Laura Morales Rodríguez, estudante do Mestrado Universitario en Migracións Internacionais, viaxa a Honduras coa ONGD ACOES para mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e mozas e mozos na Colonia Villa Cristina, así como integralos familiar e socialmente, a través de proxectos socioeducativos para previr as situacións de risco e exclusión social.
Zaira Piñeiro Iglesias, estudante de Grao en Educación Social, viaxa a Honduras coa ONGD ACOES para proporcionar ferramentas a mozos e mozas do Centro de prevención “Santa Mónica” que lles permita obter hábitos de vida saudables e habilidades sociais; a través de obradoiros interactivos de distinto índole, como asambleas, grupos teatrais, campañas de sensibilización e artes plásticas.
Julia Sánchez Pallas, estudante de Grao en Terapia Ocupacional, viaxa a Bolivia coa ONGD AYUDA EN ACCIÓN para dar apoio e continuidade aos programas executados de terapia ocupacional tanto a residentes e non residentes do “Hogar Teresa de los Andes”, con estimulación temperá de nenos e nenas entre os 0 e 6 anos, para previr e mellorar posibles déficits do desenvolvemento cognitivo a través da potenciación das capacidades, aptitudes, actitudes e intereses dos-as menores que permitan a súa independencia e una ocupación activa na sociedade.
Simón Prieto Lista, estudante de Grao en Administración e Dirección de Empresas, viaxa a Ecuador coa ONGD AYUDA EN ACCIÓN para mellorar as estratexias de venda, comunicación, marketing e publicidade dos emprendementos comunitarios, a través dun plan de capacitación e obradoiros de turismo e produción agroecolóxica co fin de promover o desenvolvemento sostible e a capacitación dos beneficiarios das hortas familiares en marketing e presentación dos produtos.
Belén Rodríguez Expósito, estudante de Grao en Educación Social, viaxa a Honduras coa ONGD ACOES para traballar con nenos e nenas que utilizan diariamente os comedores da “Escuela de San Cristóbal” con actividades que favorezan o acceso a educación, a nutrición, a saúde e a hixiene; a través de xogos, intercambios culturais e obradoiros.
Beatriz Sierra Romero, estudante de Arquitectura, viaxa a Guatemala coa ONGD ARQUITECTURA SIN FRONTERAS para colaborar na elaboración dun estudo metodolóxico dos criterios de deseño dos centros educativos utilizados pola ONG e facer un análisis dos proxectos anteriores da mesma, co fin de obter información práctica que permita coñecer en profundidade a realidade das comunidades de Retalhuleu.
Irene Vijande Villarnovo, estudante de Grao en Educación Social, viaxa a Honduras coa ONGD ACOES para promover a participación social, a creación de espazos de intercambio cultural e fomentar una conciencia social crítica cun enfoque de xénero e de desenvolvemento sostible entre os mozos e mozas procedentes das distintas comunidades indíxenas e rurais do País.