O entorno penintenciario é un dos sectores da sociedade máis illado debido as súas características. Dende a OCV preténdese achegarlles ás persoas reclusas alternativas culturais en forma de actividades/parladoiros que se levan a cabo grazas aos proxectos que deseña o voluntariado en forma de obradoiros (economía doméstica, seguridade vial, saúde sexual...), videoforums, etc. e ás colaboracións puntuais de profesionais dos ámbitos da cultura, do dereito, da sanidade e doutros sectores de interese.
O programa desenvólvese en diferentes horarios, en base á actividade deseñada e ás preferencias do propio centro penitenciario.
Outra das liñas de participación actual, é dando aulas de apoio escolar a internos e internas en diferentes quendas, normalmente en horario de mañá un par de días á semana.