Proxectos con menores

COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN AMIGÓ  (A CORUÑA)

A Fundación Amigó contribúe á transformación social e individual das persoas excluídas e vulnerables, actúa principalmente coa infancia e xuventude en dificultade e coas súas familias e defende os dereitos humanos e da infancia, traballando a través da intervención socioeducativa e psicosocial. 

Neste eido, o estudantado da UDC poderá colaborar nos proxectos de aula de estudo e apoio educativo para menores e adolescentes durante as tardes de luns a venres.

Horario: Luns a venres de 17:00 a 19:00

 ODS10_ReducirdesigualdadesODS5_Igualdad_XeneroODS4_Educacion

COLABORACIÓN CON CÁRITAS DIOCESANA SANTIAGO DE COMPOSTELA.  (A CORUÑA)

A Asociación Cáritas Diocesana de Santiago-Interparroquial de A Coruña está formada pola comunidade cristiana, por persoas socias e donantes, por voluntariado e polas persoas contratadas.

O estudantado da UDC poderá colaborar nos proxectos de aula de estudo e apoio educativo para menores e adolescentes durante as tardes de luns a xoves.

Horario: Luns a venres de 17:00 a 19:00

 ODS10_ReducirdesigualdadesODS5_Igualdad_XeneroODS4_Educacion

COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN BALTASAR PARDAL  (A CORUÑA)

A Asociación Baltasar Pardal constituiuse en 2003  e dirixe a súa actuación a persoas vulnerables e en exclusión social. 

Neste eido, o estudantado da UDC poderá colaborar nos proxectos de aula de estudo, apoio educativo e merendas para menores e adolescentes durante as tardes de luns a venres.

 ODS10_ReducirdesigualdadesODS5_Igualdad_XeneroODS4_Educacion

Horario: Luns a xoves de 16:30 a 19:30

COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN ASDEGAL (A CORUÑA)
A misión da asociación Asdegal é ser a canle e o motor de solidaridade, mediante a promoción, formación e coordinación de voluntariado.
O voluntariado universitario poderá colaborar no proxecto de apoio socioeducativo a menores de primaria, secundaria e bacharelato cuxas familias se atopan en risco de exclusión social. 
ODS10_ReducirdesigualdadesODS5_Igualdad_XeneroODS4_Educacion
Horario: Luns a Venres de 16:00 a 17:30
 

ASOCIACIÓN ACOUGO (A CORUÑA)
A Asociación Galega de Familias de Acollida, ACOUGO, nace das necesidades dun grupo de familias que se queren involucrar en maior medida na defensa dos dereitos das persoas menores de idade que están no sistema de protección público. 

O estudantado da UDC poderá colabrar nas actividades de ocio positivo, nas fines de semana de respiro ou nos campamentos de verán. 

 ODS10_ReducirdesigualdadesODS4_Educacion

AULA INTERCULTURAL DE APOIO ESCOLAR CON MENORES (FERROL)
Este programa de voluntariado está adicado ao apoio escolar e á promoción da interculturalidade con menores, fundamentalmente pertencentes a minorías étnicas e/ou inmigrantes e descendentes, mais tamén autóctonos en especial situación de vulnerabilidade, ata os 16 anos.
O voluntariado ofrece apoio na realización das tarefas que lles encomendan nos centros educativos, os sábados pola mañá en horario de 12.00 a 13.30 h, nun aula do edificio de apoio ao estudo do campus de Esteiro.

Reinicio aulas en outubro de 2025.

 

  ODS10_ReducirdesigualdadesODS4_Educacion