Proxectos de voluntariado con persoas maiores

COLABORACIÓN CON CÁRITAS NO PROXECTO ACOMPAÑARTE (A CORUÑA)

A OCV colabora con Cáritas Diocesana para a execución do programa de voluntariado "Acompañarte", centrado no acompañamento ás persoas maiores que viven soas na cidade da Coruña. Este proxecto consiste no acompañamento por parte da persoas voluntaria a visitas médicas, pequenos recados e saídas no tempo de ocio das persoas maiores para paliar a soidade á que se enfrontan diariamente. 

ODS 3_Saude

COLABORACIÓN CON ASDEGAL (A CORUÑA)

A OCV colabora coa asociación Asdegal na execución do programa de voluntariado de acompañamento a persoas maiores, centrado no acompañamento ás persoas maiores que viven soas na cidade da Coruña. Este proxecto consiste no acompañamento por parte da persoas voluntaria a visitas médicas, pequenos recados e saídas no tempo de ocio das persoas maiores para paliar a soidade á que se enfrontan diariamente. 

ODS 3_Saude

COLABORACIÓN CON ACCIÓN FAMILIAR FERROL (FERROL)

A OCV asinou un convenio con Acción Familiar Ferrol para a execución dun programa de voluntariado que se concreta en dous proxectos, ambos centrados no acompañamento ás persoas maiores da Residencia de Caranza. Por unha banda, o proxecto “Acompáñame”, no que o voluntariado acude ás visitas médicas cos residentes (fundamentalmente en horario de mañá); e por outra, o proxecto “Tempo de Lecer”, no que se lles acompaña polas tardes no seu tempo libre, dentro e fóra da Residencia.

ODS 3_Saude