Representantes de Igualdade nos centros
A figura de Representante de Igualdade nos centros xorde do II Plan de igualdade da UDC, co obxectivo de desenvolver propostas para orientar a actividade das facultades ou centros en materia de igualdade.
Funcións
As persoas que ocupen esta figura, colaborarán coa Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) na potenciación de accións específicas, relacionadas co principio de igualdade, que se leven a cabo para a comunidade universitaria da UDC.
A persoa representante será nomeada pola Dirección da OIX e o seu nomeamento será notificado ao decanato do centro e á Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte. A representación será de catro anos renovables.
A súa función fundamental será a de facer de canle de comunicación entre a OIX e os centros e viceversa. Outras das funcións das representantes descríbese polo miúdo neste enlace.
Representantes de Igualdade nos centros da UDC
- Ángeles María Longarela Ares. Facultade de Economía e Empresa
- Beatriz Botana Barreiro. Centro de Investigación en Tecnoloxías de Información e as Comunicacións
- Beatriz Pérez Sánchez. Facultade de Informática
- Carla Freijomil Vázquez. Facultade Enfermaría e Podoloxía
- Jennifer Sánchez González. Facultade de Dereito
- Laura Suárez Grimalt. Facultade de Socioloxía
- María Asunción López Arranz. Facultade de Ciencias do Traballo
- María Elena Arce Fariña. Escola Politécnica Enxeñaría de Ferrol
- María del Pilar Roel Vilas. Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos
- María José Mosquera González. Facultade de Ciencias do Deporte
- María Mar Rodríguez Romero. Facultade de Ciencias da Educación
- María Suárez Taboada. Facultade de Ciencias.
- María Victoria Otero Piñeiro. Escola Técnica Superior de Arquitectura
- Nereida María Canosa Domínguez. Facultade de Ciencias da Saúde
- Patricia Comesaña Comesaña. Facultade de Ciencias da Comunicación
- Rosario Macato Rey. Facultade de Filoloxía
- Sabina Rodríguez Hermida. Edificio de Servicios Centrales de Investigación
- Zeltia Naia Entonado. Facultade de Fisioterapia