Conforme ao Regulamento 3/2025, de 26 de febreiro, do Consello de Goberno, sobre mobilidade internacional do estudantado da Universidade de A Coruña, o/a investigador/a visitante, isto é, o estudantado de doutoramento que realice unha estadía temporal para desenvolver un tema de investigación baixo a tutela de persoal docente da UDC (art. 29.c)), deberá realizar unha solicitude de admisión (art. 34), no prazo minimo de dous meses antes da data prevista de inicio previsto da estadia na UDC.
A solicitude, a través do Portal de solicitude de admisión, acompañarase da seguinte documentación:
a) A copia da titulación universitaria que posúa.
b) Un documento que acredite que están realizando estudos de doutoramento na súa universidade de orixe, xunto cun escrito dun/ha profesor/a da UDC con dedicación a tempo completo que se comprometa a dirixir as tarefas de investigación de doutoramento do/a estudante durante a súa estadía. Este escrito deberá incluír as datas previstas da estadía, unha descrición do plan de investigación e un plan de seguimento e avaliación.
c) A copia do seu pasaporte ou, se é cidadán da Unión Europea (UE) ou do Espazo Económico Europeo (EEE), o documento nacional de identidade.