O empregados públicos pódense clasificar nas seguintes categorías:
As características propias do persoal eventual aparecen recollidas nos artigos 29 e seguintes da Lei do emprego público de Galicia:
Na actualidade, na Universidade da Coruña hai dous postos de persoal eventual de confianza:
As súas retribucións publícanse de forma actualizada nos orzamentos anuais, no apartado 5.2.
Secretario do Consello Social da Universidade da Coruña
Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña (UDC), Máster en Asesoramento Xurídico Empresarial, con mención especial en Dereito Medioambiental pola mesma universidade e Máster en Transformación Dixital pola Universidad Europea de Madrid.
Foi Profesor Interino da Área de Dereito Administrativo impartindo docencia en diversas titulacións de Licenciatura e colaborou co Departamento de Dereito Público Especial e o Grupo de Investigación Observatorio do Litoral desta Universidade en calidade de secretario e membro do Consello de Redacción da revista electrónica “Actualidad Jurídica Ambiental” e secretario-coordinador das “Jornadas Internacionales de Derecho Administrativo Iberoamericano DADI”.
Ata marzo de 2022 desempeñou o cargo de director técnico do Consello Social, participando ata a data no proceso de implantación de diversas iniciativas e proxectos de responsabilidade social universitaria e colaboración universidad-empresa promovidos pola Universidade da Coruña e o seu Consello Social, como a Cátedra INDITEX-UDC de Sustentabilidade e Innovación Social e os programas (i) “Espazo Compartido” para a formación universitaria de persoas con discapacidade cognitiva leve, patrocinado polo Banco Santander e Fundación Universia, (ii) “InMotion” de bolsas para estancias predoutorais, (iii) “InTalent” de captación e retención do talento investigador excelente (os dous últimos patrocinados por Inditex S. A.) e (iv) “Laboralia” de divulgación e formación en competencias profesionais, dirixido ao fomento da empregabilidade e á inserción laboral do alumnado da Universidade da Coruña.
Xefa do Gabinete de Comunicación da Universidade da Coruña desde 2006.
Membro do Comité Executivo da Comisión de Comunicación da CRUE.
Presidenta da Rede de Gabinetes de Comunicación da CRUE.
Directora e organizadora de cursos e ciclos de conferencias de comunicación científica e conferenciante ocasional.
Formación:
Licenciada en Comunicación Audiovisual pola UDC.
Licenciada en Filoloxía Hispánica pola UDC.
Curso de Posgrao en Dirección de Comunicación pola UOC.
Curso de Community Manager da Asociación Galega para a Formación do Sector Publicitario.
Curso de Posgrao en Xestión Cultural pola UOC.
Experiencia profesional anterior:
Periodista no Diario de Ferrol, La Voz de Galicia e Radio Fene.
Redactora en revistas corporativas e páxinas web.
Presidenta do Club de Prensa de Ferrol.
Directora da revista de pensamento contemporáneo Ferrol Análisis.
Directora fundadora da revista do libro galego Eidos do libro.
Profesora voluntaria de español para estranxeiros na ONG Ecos do Sur.