Comisión de Formación

A Comisión de Formación é o órgano colexiado de asistencia á Xerencia en materia de formación do PTXAS.

 

Composición

Presidenta:

  • María Jesús Grela Barreiro, xerenta

Vogais:

  • María J. Prol Conde, xefa do Servizo de PTXAS
  • María Arturo Canto Vázquez, delegada sindical do PTXAS laboral
  • Antonio Daniel López Rivas, representante da Xunta de Persoal de PTXAS funcionario
  • Juan Manuel Pernas Ladra, representante da Xunta de Persoal de PTXAS funcionario
  • Vanessa Míguez Martín, representante da Xunta de Persoal de PTXAS funcionario 

Secretaria:

  • Rosa López Canosa, xefa do Negociado III do Servizo de PTXAS  

 

Funcións:
  1. Elaborar os planos de formación de acordo coas propostas da Xerencia, da Xunta de Persoal, das organizacións sindicais, dos responsables das distintas unidades e dos centros e dos propios traballadores, así como da información das enquisas realizadas nas anteriores accións formativas.
  2. Determinar e priorizar as accións formativas.
  3. Determinar se a acción formativa comporta ou non o dereito a obter un certificado de asistencia ou de aptitude.
  4. Determinar e informar sobre o carácter obrigatorio ou voluntario dos cursos.
  5. Estudar e priorizar as solicitudes de participación nas actividades formativas.
  6. Velar polo desenvolvemento das actividades formativas, facendo un seguimento destas.
  7. Analizar e avaliar os planos de formación, así como o seu resultado sobre a calidade dos servizos.
  8. Interpretar o Plano de Formación e resolver as dubidas que ofreza o seu cumprimento.
  9. Nomear un/ha coordinador/a da acción formativa cando o consideren necesario.
  10. Acordar as retribucións, de ser o caso, dos formadores e dos coordinadores.
  11. Aprobar, cada ano, o informe anual sobre a xestión do Plano de formación, en que constarán  os seguintes datos:
    • Asistentes e grupos: media de asistentes por grupo
    • Porcentaxe xeral de participación nos cursos
    • Porcentaxe de accións formativas realizadas/anuladas
    • Porcentaxe de persoal fixo entre as persoas asistentes aos cursos
    • Porcentaxe de persoal que non é fixo de asistentes aos cursos
    • Horas lectivas
    • Custos económicos por cada acción formativa e custos totais anuais
    • Avaliación dos cursos, dos formadores, dos alumnos, das instalacións e dos materiais
    • Cumprimento dos obxectivos