¿Cando se pode solicitar formación externa?: Sempre que se precise formación específica para o posto de traballo cuxo contido non se oferte dentro do Plan de Formación do PAS, nin dentro dos convenios coa EGAP ou coa CIXUG.
¿Onde?: Enviando a solicitude por correo electrónico a formacion.pas@udc.es
¿Como?: As persoas interesadas, cunha antelación mínima de quince días naturais ao inicio do curso, dirixiranlle á Xerencia, a través de formacion.pas@udc.es unha solicitude, autorizada polo/a superior xerárquico/a, xunto co programa completo da formación á que se pretende asistir.
Será necesario que o contido non sexa obxecto da planificación dunha acción formativa propia da UDC e debe cumprir coas seguintes características que se xustificaran mediante un informe:
Financiamento: Se a solicitude conta coa aprobación da Comisión de Formación, poderanse sufragar os gastos derivados da participación na formación solicitada, dentro do prazo máximo dun mes logo de rematar a formación.
A tramitación económica dos gastos autorizados deberá solicitarse ao correo negociado.aaee@udc.es achegando a autorización asinada pola Xerencia.